Venres. 29.03.2024
El tiempo

Tres certames de fotografía para este outono

Monste da Fedanpas cos concelleiros de Fisterra teresa Fdez e Kuka Sar
Monste Canosa, da Fedanpas, cos concelleiros de Fisterra teresa Fdez e Kuka Sar, presentando o Certame Imaxes pola Igualdade
Tres certames de fotografía para este outono

Certame Imaxes pola Igualdalde da FedanpasComezaron esta semana tres certames de fotografía singulares pola zona. A igualdade, o mar e o medioambiente son as súas temáticas.

I Certame de imaxes pola igualdade da FEDANPAS

A Federación de ANPAS Coruña-Costa da Morte vén de presentar, xunto cos Concellos de Carballo, Fisterra e Zas, coa colaboración da Xunta e do Goberno, o I Certame de Imaxes pola Igualdade”. Pódense presentar debuxos, fotografías e murais, co obxectivo de que o alumnado dos centros de Educación Primaria e Secundaria plasmen nunha imaxe como ven a igualdade en calquera ámbito da vida e promovan á reflexión.

A data límite de envío será o 1 de abril de 2020 (Día das Artes Galegas). Teñen toda a información en www.fedanpas.gal e no correo [email protected].

II Concurso de Fotografía Mariñeira de Carnota

Aberto tamén está o prazo do II Concurso de Fotografía Mariñeira que organiza o Concello de Carnota. Esta actividade está enmarcada dentro da II Mostra Mares da Fin do Mundo que terá lugar os días 29, 30 de novembro e 1 de decembro na Lonxa Vella de Lira, Carnota. Un evento que ten como finalidade amosar e por en valor o patrimonio natural, etnográfico e cultural do municipio a través da fotografía relacionada co mar.

O prazo de inscrición remata o 31 de outubro de 2019,e podedes ver máis información e bases do concurso en www.carnota.gal.

Concurso de Fotografia Marineira de Carnota 2019 copia

Imaxes polo Clima, dende a CoruñaConcurso Fotos por el Clima Coruna 2019

Un grupo de alumnos de 2º de bacharelato do Colexio Internacional Eirís, da Coruña, están organizando un proxecto polo medio ambiente. Este ten varias partes, pero a primeira é un concurso de fotografía. ”Hazlo tú mismo” é un proxecto que trata de concienciar sobre o cambio climático e demais problemas medioambientais, a base de organizar actividades coas que buscamos que a xente se involucre.

A primeira delas é un concurso de fotografía coa temática da contaminación do medio ambiente. Ten como data límite o venres 18 de outubro e a entrega de premios celebrarase o sábado 9 de novembro no Centro Comercial dos Rosais, A Coruña. Os tres mellores de cada unha das dúas categorías, que dividen aos participantes por idade, serán premiados cun lote de conservas locais, patrocinado por Gadis, e cun diploma que o acredite. Ademais, o día da entrega de premios, tamén se expondrán as 25 mellores fotos de todo o concurso.

As condicións e demais información están disponibles no blog hazlotumismo2019.wixsite.com/.

Comentarios