Venres. 29.03.2024
El tiempo

Charo Pita e Laura Ramos Cuba, gañadoras do XV certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

Charo Pita e Laura Ramos Cuba ganadoras do Certame de Poesia Erotica Illas Sisargas 2020
Charo Pita e Laura Ramos Cuba
Charo Pita e Laura Ramos Cuba, gañadoras do XV certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

Non haberá Cea das Letras este ano, pero non para o Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. O Concello de Malpica e a Asociación Caldeirón veñen de dar resolución á XV edición escollendo como gañadora a obra titulada “O cuarto de Jane”, que resultou ser, tras abrir a plica, da autora da obra resultou ser Charo Pita, escritora, actriz e narradora oral nada na Coruña en 1966.

O xurado, formado por Paco de Tano, poeta e Presidente de Caldeirón, Leticia Naya Varela, concelleira de Cultura de Malpica e Medos Romero, poeta gañadora da XIV edición deste mesmo certame, escolleu unanimente esta obra “por ser un libro transgresor, pola súa beleza e pola frescura coa que se aborda o erotismo, sempre de forma directa, sen complexos, libre”. E engade que se trata dun “poemario moi ben construído, radicalmente heterodoxo, protagonizado por mulleres e onde a poesía brilla na transparencia de cada verso”.

Charo Pita é unha Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidad de Salamanca, que obtivo en 2001 o Premio de Poesía Espiral Maior co libro Desde Arcadia para Govinda. É autora dunha extensa obra de literatura infantil e teatro e leva anos contando historias polo mundo, pasando por países como Alemaña, Polonia, Italia ou Nicaragua.

Accesit

O xurado acordou, asemade, conceder un accésit á obra “Rascamaceiras”, enviada por Laura Ramos Cuba. Nada en Burela en 1993, graduada en xornalismo e comunicación audiovisual, Ramos Cuba ten colaborado en diversos medios do país como La Voz de Galicia, El Progreso, Sermos Galiza, Adiante, Coralia ou Novas da Galiza. Foi coordinadora do Portal Galego da Lingua e voluntaria no Observatorio da Mariña pola Igualdade. En 2018 obtivo o certame de poesía Victoriano Taibo co libro a situación actual. É bolseira de comunicación no Parlamento de Galicia.

Os dous libros serán publicados (como xa está nas librarías o gañador do cursopasado, “Peixes que esvaraban ao unísono”, de Medos Romero), e será presentado noutra Cea das Letras coa prometida actuación do dúo Aldaolado en canto as circunstancias o permitan.

Histórico dos Concursos de Poesía Erótica

Máis novas de poesía

Comentarios