Mércores. 24.04.2024
El tiempo

“A chave do bo funcionamento do Baio ten a pelota é a variedade, ao unir comercio, hostalería e servizos”

Baio ten a pelota
“A chave do bo funcionamento do Baio ten a pelota é a variedade, ao unir comercio, hostalería e servizos”

banner-baiotenapelota-19

Que importantes estas campaña de promoción do comercio local como as que veñen de armar os Empresarios de Ponteceso e mais os Empresarios de Baio. Iniciativas que nos devolven as razóns polas que vivimos no rural, os motivos que temos para evitar tirar de Amazon ou do Marineda máis do preciso, e mercar, apostar, consumir, no comercio de toda a vida, no comercio do lado da nosa casa.

Esta vindeira fin de semana de 10, 11 e 12 de maio, comeza unha nova desas campañas, o Baio ten a pelota, que artellan a Asociación de Empresarios da Comarca de Soneira artellan, coa colaboración do Concello de Zas. É a quinta edición, e preto de 80 locais participarán ben sexa a través de descontos e ofertóns, ou a través das ricas tapas.

Baio ten a pelota

Facémoslle dúas preguntas chave a Tatiana Rellán, unha das promotoras da Asociación de Empresarios Comarca de Soneira.

  • QPC: Por que son tan importantes esta clase de xornadas de promoción do consumo local?

”Este tipo de xornadas son importantes para darlle un empurrón ao comercio local, que nos sirva de ferramenta publicitaria non só para esa fin de semana, de xeito que se vexa que hai unha vitaidade comercial en Baio a pesar de que seguimos escoitando que Baio está morto e que o comercio pequeno vai morrendo, e é importante deixar claro que non, que estamos cheos de vida”. Estamos aquí e seguiremos moitos anos, facendo que temos mota variedade, por exemplo neste Baio temos a pelota somos máis de 70 establecimentos entre hostalería, comercio e servizos”.

  • QPC: Por que funcionan tan ben estas xornadas do Baio ten a pelota?

“Creo que a chave destas xornadas está na mezcla dos diferentes sectores que entramos nestas campañas. Por aí soemos ver campañas comerciais por un lado, de hostalería polo outro. E aquí a mezcla é fundamental. Hai cousas para todo o mundo, mesmo temos actividades para os máis pequenos, como os inchables, o tren… A unión fai a forza, e aquí a variedade é o máis importante, pois unha familia vai atopar todo o que queira”.

Así que xa sabes, se queres disfrutar do #MaioenBaio, Actívate en Baio!

Novas relacioandas

Comentarios