Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Chega a segunda fornada de Buño deMostra con música, pasarrúas, rutas e demostracións en vivo dos oleiros

mostra oleria 2020
Esceas da primeira fornada do Buño deMostra
Chega a segunda fornada de Buño deMostra con música, pasarrúas, rutas e demostracións en vivo dos oleiros

Despois da primeira e exitosa fin de semana, Buño volve convertirse nun epicentro de vida e cultura. Hoxe xoves arrincan xa a segunda fase do programa “Buño deMostra” que encherá a vila ata o domingo. Así, ás 19:00h comeza o pasarrúas de música tradicional a cargo de Arrancadeira. Malante tomaralles o relevo o venres, 7 de agosto ás 19.00 horas, tamén cun pasarrúas de ambientación musical.

As actividades continuarán o sábado, 8 de agosto ás 10.00 horas, cando terá lugar a ruta de olería “O ciclo de vida dunha peza”, a cargo de Volta Montana –para tomar parte nesta iniciativa será necesario retirar a entrada previamente-. Ás 13.00 horas Malante & Carcaxía ofrecerán unha actuación musical, ás 19.00 horas, será a quenda de Ukestra do Medio + Dkalminha como parte do proxecto Orballo Cultural –haberá que retirar a entrada previamente-. A maiores, entre as 12.00 e as 13.00 e as 17.00 e as 18.00 horas, as persoas asistentes poderán coñecer, de primeira man, o traballo dos oleiros e oleiras a través de dúas demostracións na rúa.

A xornada de peche será o domingo, 9 de agosto. Ese día, o programa dará comezo ás 10.00 horas coa organización dun segundo pase da ruta “O ciclo da vida dunha peza” con Volta Montana. O calendario de actividades continuará co desenvolvemento de novas demostracións por parte dos profesionais da olería (de 12.00 a 13.00 e de 17.00 a 18.00 horas). Buño deMostra pechará a súa oferta ás 13.00 horas no Forno da Costa, coa actuación da banda Monoulious DOP como parte de Orballo Cultural –previa retirada da entrada-.

Novas relacionadas

Comentarios