Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Chejar e encher, xa na rúa o primeiro disco da banda muradá Lisdexia

Chejar e encher, xa na rúa o primeiro disco da banda muradá Lisdexia
Lisdexia banda de Muros da Sala Nasmo Lisdexia, a banda de Muros da factoría da Sala Nasmo Primeiro disco de Lisdexia Chejar e encher Primeiro disco de Lisdexia Chejar e encher Unha vez completado con éxito o proxecto de profesionalización con Teen Records, a banda muradá Lisdexia presenta o seu primeiro traballo discográfico, baixo o claro título “Chejar e Encher”, que xa podedes escoitar no seu bandacamp. Un disco de sete cancións en galego gravado, como non na Sala Nasmo, a gran factoría de músicos do sur da Costa da Morte. Despois de ter actuado no Festival Rockin’ Vila, Amovida Fest ou na casa, no Castelo Rock, a banda presentará o disco nun concerto hoxe venres 26 de outubro, a partir das 22.30 h, no bar ‘A Bodeguilla’ de Negreira.

Ver medrar as bandas da Costa

Moito nos presta en QPC ir vendo medrar as bandas costeiras. Lisdexia formouse en 2015, da man de 5 amigos que estudiaron xuntos na Escola de Música Municipal de Muros ou no Conservatorio de Música Felipe Paz Carvajal. Pouco despois xa comezaban aqueles días de verán cos que os Fran Trillo (voz) e Fran Lestón (guitarra), cabecillas deste proxecto, e Ángel Lestón (baixo), Chema Caamañou (batería) e Javier Fernández (guitarra) comezaran a soar pola bisbarra. Como non podía ser doutra maneira, contaron co imprescindible apoio de Juan Figueiras, director da Sala Nasmo e técnico de grabación do disco. O lanzamento do disco xa era esperado pola xente da zona, xa que grazas aos concertos dados por Muros, alrededores e zonas das Rías Baixas, Lisdexia consiguió chamar a atención de oíntes. Conta con sete temas dun estilo que eles definen cómo Punk-Pop, onde Lisdexia busca crear un ambiente de festa e diversión acompañados de boa música que sexa recordada despuós de que o concerto acabe. O traballo está pensado tambión no xeito de que, en directo a xente poida escoitar exactamente o que se escoita no cd. Lisdexia banda de Muros da Sala Nasmo 2

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-bandas-muradas-lisdexia-e-the-rapants-graduanse-con-teen-records/ https://quepasanacosta.gal/comezan-os-dias-de-veran-con-lisdexia/

Máis novas musiqueiras

https://quepasanacosta.gal/maestro-ganou-a-batalla-de-bandas-no-cuadrilatero-da-cuac-fm/

Comentarios