Xoves. 25.04.2024
El tiempo
José Luis Louzán
11:31
29/02/08

Chiringuitos

As Verdades como Puños de José Luis Louzán

Hai uns anos un xornalista do que descoñezo o nome decidiu bautizar a afamada empresa de inversións Gescartera como un “chiringuito financeiro”.

Este nome, que de saída debería lembrar o verán e as cancións do ínclito Georgie Dann, volveuse dende entón, cando ven asociado con cousas que deberían ser serias pero que non o son, en definición clara e nítida do que é unha maneira lamentable de xestión dos asuntos públicos.

E mira ti por onde a miña mente calenturienta escoita esta semana varios asuntos recentes e pensa... si, certo, en chiringuitos.

Os tres exemplos son estes. O Plan de emprego, a remodelación do casco antigo e as normas urbanísticas en Cee e o próximo Leader Plus para a bisbarra. Por orden.

Sobre o Plan territorial polo emprego sei que non hai ninguén capaz de dicir que é e para que vai servir. Si me queda claro que hai moito carto de por medio, porque senón a Confederación de empresarios de Galicia non se tomaría as molestias que se esta a tomar para deixar fora o único organismo empresarial asentado na bisbarra, a FECOM, da mesa que vai xestionar o plan.

Na mesa de marras estarán os sindicatos, case sen representación na pequena empresa, e os empresarios... de Santiago e a Coruña, porque os da bisbarra, os da FECOM, eses non interesan. Isto é un chiringuito. Coste moito, utilidade nula.

Outro. A remodelación do casco vello en Cee e as normas urbanisticas. Resulta que o tribunal superior de xustiza de Galicia, o top da xustiza neste territorio, ven de condenar o concello de Cee por aprobar algo que non era legal en materia urbanística. O asunto é que ningún dos concelleiros de entón, do ano 2004 que tampouco fai tanto tempo, lembra nada sobre interpretación ningunha das normas urbanísticas aprobada en pleno.

Esto debe ser porque a maioría das burradas as fixeron sen pasar polo pleno, que eso teñen de bo as maiorías absolutas para as constructoras disfrazadas de alcalde.

Sobre a remodelación do casco vello de Cee que consiste unicamente en empedrar unha rúa, mellor non falo que me enveleno e despois me berra a muller. Sexa coma sexa, neste caso un concello enteiro é unha lexislatura de catro anos son o que parece outro... chiringuito.

E sobre o próximo Leader Plus. Pregunto, ¿e logo facía falla un plan europeo para tapar os pufos dos contratos e subvencións concedidos por escrito a particulares e empresas da bisbarra e que aínda hoxe, dous anos despois, seguen impagados?. ¿Cantas veces se cambio de criterio na Xunta e en Neria ata alcanzar a orde mais adecuada, para que algúns cobrasen antes e outros tiveran que esperar?

E por ultimo. ¿Canto ten que ver na chegada deste novo plan e dos fondos que o acompañan o feito de que entre os perceptores de subvención que aínda non cobraron, estean renomeados membros dos dous partidos do actual goberno da xunta?. Chiringuito e Neria, sinónimos xa. Quero unha entrada no diccionario da Real Academia ipso facto.

E por acabar co ultimo da semana. Antes de tirarlle a casa as persoas humildes deberiamos ter tirado os bloques de vivendas dos poderosos con licencias ilegais¿verdade alcalde?

  • José Luis Louzán.

Comentarios