Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Cicl-Ando Carballo: En marcha os 9 proxectos de carril-bici pola capital bergantiñá

  • .
Carril Bici en Bertoa
Carril Bici pola zona de Bértoa
Cicl-Ando Carballo: En marcha os 9 proxectos de carril-bici pola capital bergantiñá

Hai xusto un ano, Carballo anunciaba a consecución de 2 millóns de euros para o proxecto “Cicl-Ando” Carballo. Unha iniciativa para facilitar e fomentar o uso da bici como vehículo, enmarcada na comprometida política pola mobilidade sostible Estratexia 2030

O proxecto, que inclúe o acondicionamento de 18 quilómetros de sendas peonís e ciclistas, unha rede de aparcamentos seguros para bicicletas e unha campaña de sensibilización en mobilidade sostible, xa está a pleno rendemento, con todas as actuacións en marcha.

Estas medidas están enfocadas a reducir a pegada de carbono, e contemplan unha redución no consumo enerxético de enerxía final do 15,52%.

Carris bicis na avenida malpica de Carballo
Carris bicis na avenida malpica de Carballo

Así, 6 obras están adxudicadas e e as outras tres están en fase de contratación (así como a campaña de concienciación):

  • Continuidade senda ciclo-peonil: Avda. Bértoa - Polígono Industrial Bértoa.- dende o treito que executou o Concello de Carballo para darlle continuidade polo interior do polígono ata a zona do complexo deportivo das Eiroas, o parque de bombeiros e o novo centro social.
    Lonxitude 994 m.- Orzamento 278.398,14 € .- Adxudicada a Vázquez y Reino.
  • Conexión polígono industrial de Bértoa - Estrada Carballo - Razo (DP – 1902).- O novo itinerario ciclo peonil dará continuidade ás sendas definidas no proxecto CICL-ANDO CARBALLO ao longo da DP 1902 "Carballo - Razo" coas definidas e existentes no entorno do polígono industrial de Bértoa.
    Lonxitude 920 m.- Orzamento 91,270,76 € .- En contratación.
  • Conexión carril bici existente en Avda. Razo (DP-1902) con carril bici existente entre rúa Poniente e rúa Fábrica e Avenida de Malpica (AC-414).-O obxectivo deste tramo é o de conectar os dous carrís bici existentes na actualidade nas avenidas de Razo e de Malpica.
    Lonxitude 1182 m.- Orzamento 96.799,38 € .- Adxudicada a López Cao.
  • Mellora do carril bici xa existente entre as rúas Poniente - rúa Fábrica e Avenida de Malpica (AC-414). O obxecto do proxecto é a mellora do itinerario ciclista que ocupa actualmente a Avda. de Malpica e a creación dun novo itinerario na rúa Fábrica, naqueles tramos onde non existe na actualidade.
    Lonxitude 1350 m.- Orzamento 178.425,14 € .- Adxudicada a Excavacións e Obras Candal.
  • Conexión casco urbano - colexio Artai.-
    Lonxitude 897 m.- Orzamento 178.444,60 € .- Adxudicada a Desarrolla.
  • Senda ciclo peonil de regreso complementaria ao carril bici Avda. Razo (DP-1902).-O obxecto da actuación é a definición dunha senda ciclo-peonil na Avenida de Razo de cara a completar o carril-bici existente na avenida de Razo, que discorre dirección saída do núcleo urbano pola súa marxe dereita.
    Lonxitude 1240 m.- Orzamento 460.563,45 € .- Adxudicada a Vázquez y Reino.
  • Senda ciclo turística Carballo – Razo.- O obxecto desta senda é conectar o núcleo urbano de Carballo coa zona litoral do municipio onde se sitúa a praia de Razo.
    Lonxitude 7610 m.- Orzamento 344.111,44 € .- En contratación.
  • Conexión casco urbano - senda ciclo-peonil Avda. Bértoa.- O obxecto da actuación é a definición dunha senda ciclo peonil, na marxe dereita da Avenida Vázquez de Parga de cara a conectar a senda existente na Avenida de Bértoa co centro urbano e administrativo de Carballo.
    Lonxitude 681 m.- Orzamento 256.960,34 € .- Adxudicada a López Cao.
  • Senda perimetral polígono de Bértoa.- O obxecto desta actuación é dotar dun itinerario lúdico-deportivo que enlaza co centro urbano e co resto da rede ciclista:
    Lonxitude 4168 m.- Orzamento 110.894,35 € .- En contratación.
  • Creación dunha rede de aparcamentos seguros para bicicletas en dez enclaves diferentes, cuxa execución foi adxudicada xa á empresa Globalia Urbanismo Integral SL por 37.788,97 euros.

Aparcabicis na zona deportiva
Aparcabicis na zona deportiva

Carril bici no Parque Anllons
Carril bici no Parque do Anllóns

Novas relacionadas

Comentarios