Xoves. 28.03.2024
El tiempo

As cifras do verán turístico de Vimianzo

Ruta guiada en Vimianzo no Pazo de Trasariz
Ruta guiada en Vimianzo no Pazo de Trasariz
As cifras do verán turístico de Vimianzo

A aposta polo patrimonio dos gobernos de Vimianzo segue dando os seus froitos. Este verán houbo sete visitas guiadas en diferentes enclaves, visitas continuadas nos Batáns; un reforzo das visitas nas fines de semana no Castelo de Vimianzo; ademais das visitas teatralizadas no Castelo ou á actividade ‘Paisaxes de Vimianzo’.

Todas esas actividades permitiron sumar entre os meses de xullo e agosto o Concello máis de 18.000 persoas as que escolleron Vimianzo como destino turístico.

O Castelo de Vimianzo foi o emprazamento que tivo maior demanda, xa que ata alí se achegaron 12.344 persoas durante estes dous meses. As visitas guiadas impulsadas desde o departamento de Turismo contaron con 4.792 usuarios e os Batáns e Muíños de Mosquetín, que contaba con visitas guiadas e demostracións do funcionamento do muíño de venres a domingo, e á que 1524 persoas.

Ademais do propio Castelo e dos Batáns, que son os referentes, funcionaron tamén moi ben a visita ao dolmen de Pedra cuberta, dando pé a que moita xente fixese logo a acondicionada “Ruta dos dolmens”; a de Cereixo, que era unha das novidades e tamén contou cunha gran porcentaxe de participación; e a da vila de Vimianzo, que levou a case medio milleiro de persoas a percorrer as rúas do municipio.

Os datos sinalan que o 60% dos visitantes son da península sendo un 40% de galegos.

Rutas

Os sábados foron días dedicados ao sendeirismo, con tremendo éxito de convocatoria, completando sempre os grupos co máximo de visitantes permitido pola normativa na situación actual. Este traballo quedou consolidado, xa para todo o ano nunha nova ruta de sendeirismo con sinalización permanente: o Vieiro Fidalgo e a próxima sinalización tamén da ruta dos Penedos de Pasarela e Traba.

Novas citas

Aínda queda unha visita teatralizada o domingo 13 de setembro, en horario de 12:30 horas e 17:00 horas para a que se pode reservar praza en [email protected].

Comentarios