Imprimir

A CIG alerta da nova situación de subcontrata das fábricas costeiras

que pasa na costa | 10 de xullo de 2019

Foto nocturna da fabrica de Brens-Foto-Javi CT
Foto nocturna da fabrica de Brens-Foto-Javi CT

Non cren no Plan Industrial presentado pola empresa

A complicada situación na que se atopan os traballadores de Ferroatlántica, foi analizada na tarde do luns durante a asemblea aberta que realizou a sección sindical da CIG en Ferroatlántica. Unha sesión que serviu para compartir a escasa información que existe sobre a operación de venda ao fondo norteamericano TPG Sixth Street Partners.

Para a central, estamos ante unha nova segregación encuberta da produción de ferroaleacións da hidrolóxica, semelllante á que tumbou a Xunta en 2017, pero que deixando ás fábricas aínda nunha situación peor, unha vez que quedan fóra do Grupo como unha especie de subcontrata, xa que o provedor e comprador exclusivo da produción seguiría a ser FerroGlobe.

A CIG volveu esixir a intervención da Xunta, a pesar do silencio dos últimos meses.

”Plan industrial”

En novembro de 2017, os traballadores xa non creron naquela “gran mentira” do Plan Industrial de Ferroatlántica. Por iso, o plan de investimento de 14 millóns de investimento nos vindeiros 5 anos para mellorar as fábricas de Cee e Dumbría, “non é máis que propaganda, xa que é o mínimo que se necesita para garantir o mantemento das plantas e que non caian a anacos", valora Alfonso Mouzo.

Ademais, consideran a promesa de reactivar os dous fornos parados en marzo non fai outra cousa que “confirmar que non existe causa obxectiva para reducir a produción nin para negociar unha suspensión temporal do emprego”.

A CIG asegura que o mantemento, pero sen efecto, do ERTE, é unha simple ameaza aos traballadores.

Novas do co conflito #Ferroatlántica

Artigos relacionados

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/costa-da-morte/cig-alerta-da-nova-situacion-subcontrata-das-fabricas-costeiras/20190710083003111381.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA