Venres. 19.04.2024
El tiempo

RECORTES

CIG e BNG comezan unha campaña informativa contra os recortes nos Centros de Saúde

BNG e CIG cde campana contra os recortes polos centros de saude
BNG e CIG cde campana contra os recortes polos centros de saude
CIG e BNG comezan unha campaña informativa contra os recortes nos Centros de Saúde
CIG e BNG comezan unha campaña informativa contra os recortes nos Centros de Saúde

Xa non só afectan os recortes en persoal, que obrigan, por exemplo, á pediatra do Centro de Saúde de Cee a atender máis de 1.300 nenos, case o doble do aconsellado. As deficiencias do edificio son tremendas, e levan anos denunciando o seu estado de abandono ante a parálise das administracións.

Así o denuncian esta semana CIG e BNG. Serxio Domínguez, voceiro do BNG, enumera os problemas do edificio: que “temos un centro médico que carece de accesos prácticos e seguros con ramplas antiesbaradizas, as portas non están adaptadas para o acceso cómodo de cadeiras de rodas e carriños de bebés, o servizo de recepción carece dun peche axeitado que non permite garantir a privacidade e protección total dos datos dos pacientes, o edificio carece de baños adaptados a persoas con problemas de mobilidade e os existentes presentan carencias de mantemento como óxidos nas partes metálicas, falta de azulexos en algunhas paredes logo de reparación de tubaxes de auga e calefacción, ou portas en mal estado, o illamento do edificio é moi deficiente, etc…”

Por isto vai levar ao pleno unha moción para instar á Xunta de Galicia a “acometer o arranxo do centro de saúde de Cee e asumir o mantemento do edificio, tal e como xa fai en concello veciños e respetando o acordado”.

Melloras no Hospital

Ademais, para intetar frear aos recortes e a “política de desmantelamento e privatización da sanidade pública da Xunta”, BNG e CIG van pedir tamén “a implantación no hospital comarcal os servizos de cardioloxía, a ampliación da actividade no laboratorio e os seus servizos asociados, a posible consulta e mediciación de pacentes con certos tratamentos de cancro, a posta en funcionamento dunha UCI 24 horas, a creación dunha área sanitaria específica para Cee e a incrementar as prazas de pediatría en Cee cun segundo profesional, como é preceptivo polo ratio de crianzas de Cee e Corcubión”.

Campaña informativa

Ademais da moción, os grupos comezaron unha campaña de información polos centros sanitarios, informando por exemplo as cifras dos recortes en materia de sanidade. “A Xunta destina 188 millóns de euros menos que os que había en 2009 cun recorte acumulado de arredor de 2.188 millóns de euros. As consecuencias son tremendas: masificación de consultas, cupos desbordados, redución de profesionais, non substitucións, listaxes de espera de máis dunha semana para @ médic@ de familia, peche de axendas, saturacións, PACs ao limite…”, explican.

”Temos peor sanidade, peores prestacións, menos profesionais, máis listaxes de espera, máis copagos, etc… polo que é preciso o aumento do orzamento destinado a sanidade,o dimensionamento e estabilidade dos cadros de persoal coa convocatoria de todas as prazas vacantes en todas as categorías, contratos estábeis e dignos, substitucións das e dos profesionais pola totalidade da ausencia, aumento das prazas de formación de especialistas, MIR… ; a eliminación das listaxes de espera contratando persoal e tendo operativos todos os recursos dos que dispón o Sergas, camas, quirófanos... e non realizar ningunha derivación de doentes á sanidade privada mentres existan recursos dispoñíbeis, susceptíbeis de seren usados nos centros públicos; elaborar un plan de mellora de atención primaria cun incremento do investimento até chegar como mínimo ao 20% do orzamento, a recuperación das Xerencias de Atención Primaria con capacidade resolutiva e orzamentaria, o incremento de prazas de especialistas en pediatría e medicina familiar e comunitaria, a mellora dos equipamentos nos centros de saúde e PACs e garantir equipos completos de profesionais nos PACs; reverter as privatizacións e internacionalizacións dos servizos sanitarios e a eliminación dos copagos farmacéuticos.

Novas relacionadas

Comentarios