Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A CIG recurrirá o ERE do taller textil de Cee

O Taller Textil Mans Galegas e un dos ultimos que quedan na Costa da Morte
O Taller Textil Mans Galegas é un dos últimos que quedan na Costa da Morte
A CIG recurrirá o ERE do taller textil de Cee
  • Un ERE non pactado pon en perigo o último taller textil da comarca.
  • Hai 15 días destapábamos a convulsa situación que vive un dos últimos talleres textís da Costa da Morte. Un ERE non pactado cos sindicatos pon claro perigo a súa continuidade. Se a propietaria aseguraba que a día de hoxe o traballo que chega do imperio Inditex non é suficiente para manter todo o plantel, a CIG considera todo o contrario e recurrirá o ERE polo que Mans Galegas pretende despedir a 13 das súas 31 traballadoras.

    Dende a CIG consideran que o taller si ten carga de traballo suficiente para manter o emprego. A central entende que o verdadeiro motivo que levou a dirección da empresa a presentar este ERE non é outro que prescindir das traballadoras que se atopan de baixa médica e de dúas das tres delegadas de persoal.

    Asegura a CIG que xa están presentadas as correspondentes demandas por impagamento, anto contra Mans Galegas, como subsidiariamente a empresa Zintura, por ser a distribuidora da carga de traballo, xa que a empresa ten pendente de abonar os salarios a todas traballadoras dende o mes de decembro. Unha situación que non parece solventarse pronto, unha vez å empresa preconcurso de acredores no Xulgado do Mercantil, e deixando claro que se non se chega a un acordo polo ERE, levará adiante o procedemento.

    A CIG non descarta convocar mobilizacións antes do 20 de marzo, data na que se celebrará o acto de conciliación no SMAC polas reclamacións dos salarios adebedados.

    Novas relacionadas

Comentarios