Venres. 19.04.2024
El tiempo

Cinco feridos en dous accidentes en Muxía e en Fisterra

Cinco feridos en dous accidentes en Muxía e en Fisterra
Un condutor foi excarcerado do interior do vehículo que conducía na AC-440, concretamente, na saída dos Muíños, na localidade de Muxía. Sobre as 00:00 horas da pasada noite un un particular chamou aos servizos de Emerxencia para pedir axuda. Alertou que había un coche envorcado na cuneta e unha persoa no seu interior, consciente, pero que non se podía mover. Ata alí desprazáronse os Bombeiros de Cee e efectivos de Protección Civil de Muxía que acudiron ao lugar co equipo de excarceración. Ademais, alertouse a Urxencias Médicas, á Garda Civil de Tráfico e ao persoal de mantemento da estrada. Unha vez liberado, o ferido foi trasladado polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia. Recta da Anchoa Por outra parte, sobre as 21:45 horas de onte, rexistrouse unha colisión entre dous vehículos que circulaban pola coñecida recta da Anchoa, en Fisterra que se saldou con catro persoas feridas. Foi un particular quen, ás 21:45 horas de onte alertou aos servizos de Emerxencias. Ata alí desprazouse un equipo médico e axentes da Garda Civil de Tráfico. Ata alí tamén acudiron os Bombeiros de Cee e ao persoal de Protección Civil de Fisterra. Os Bombeiros confirmaron que dúas ambulancias se trasladaron ao lugar para evacuar aos feridos.

Accidentes 2016

Fonte

Comentarios