Imprimir

Cinco feridos nun accidente no cruce de Dumbría

que pasa na costa | 16 de decembro de 2016

accidente-cruce-dumbria O sinistro tivo lugar sobre as dúas da tarde de hoxe. Imaxe: Xusto Gómez Cinco persoas resultaron feridas de diversa consideración nun choque frontolateral que tivo lugar este mediodía entre un Mercedes C220 e un Opel Corsa. O sinistro tivo lugar na AC 552 á altura do cruce de Dumbría sobre as 14 horas. Ata o lugar do sinistro desprazaronse varios equipos de emerxencias entre os que estaban os bombeiros de Cee que axudaron a estabilizar e a evacuar aos feridos así como a limpar os restos do accidente. cruce-dumbria-accidente Ata o lugar desprazáronse varios equipos de emerxencias. Imaxe: Xusto Gómez

Accidentes 2016

Fonte  
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/dumbria/cinco-feridos-nun-accidente-no-cruce-de-dumbria/20161216184925082892.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia