Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Club Marítimo Carrumeiro saca a concurso a explotación do Restaurante do peirao corcubionés

Restaurante Carrumeiro en Corcubion
Aberto o prazo para presentarse á concesión do Restaurante Carrumeiro en Corcubión
O Club Marítimo Carrumeiro saca a concurso a explotación do Restaurante do peirao corcubionés
O Club Marítimo Carrumeiro saca a concurso a explotación do Restaurante do peirao corcubionés

A directiva do Club Marítimo Carrumeiro vén de anunciar as bases polas se convoca a licitación para a adxudicación do contrato de explotación dos servizos de hostalería do Restaurante Carrumeiro, situado en pleno peirao de Corcubión. Unha boa oportunidade hostaleira para calquera emprendedor con gañas de traballar, e para xentes que viven fóra que queren volver a casa.

”Agradecemos moito aos que se van, pois levamos 10 anos moi contentos con eles. Pero marchan por motivos familiares e temos que buscar outros”, explica Félix Quinteiro, presidente do Club. “Entendemos que para un Club con socios, a forma máis transparente de adxudicar un servizo destes é un concurso”, apunta. E nos gustaría que fose alguén con espírito emprendedor, e que coñeza a zona e a nosa identidade e forma de ser, por iso daremos prioridade aos empadronados na Comarca de Fisterra”, indica.

O club, un pioneiro na comarca fundado en 1977, ademais está nun bo momento. O avance do turismo, do Camiño de Santiago, co Xacobeo á vista, fai vislumbrar un soelado futuro para a hostalería corcubionesa. Ademais, o club ten en marcha o proxecto de ampliación da instalación doedificio, que pasará a ter un espazo para os socios, case que duplicando a superficie. “Somos un Club con condicións perfectas para seguir medrando”, recoñece Quinteiro.

Máis información

A duración do contrato será de 4 anos (prorrogables por outro ano), e partirá dunha base mínima dunha media mensual de 700€ (+IVE) ao mes.

Os interesados en participar neste Concurso, poderán entregar as súas propostas antes das 20,00 horas do día venres 4 de outubro do 2019 en sobre pechado, no Apartado nº 12 da Oficina de Correos de Corcubión, ou na Oficina de Secretaria do Club, Peirao de Corcubión s/n. Así mesmo, poden recoller máis información e pedir as bases no 639 31 79 70.

Comentarios