Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O CM Carrumeiro oferta o aluguer do seu local de hostalería

Restaurante Carrumeiro en Corcubion
O CM Carrumeiro oferta o aluguer do seu local de hostalería

O Club Marítimo Carrumeiro aluga o seu local e cafetería, en pleno porto de Corcubión. Unha oportunidade de negocio nestes tempos nos que a ampla terraza e o aparcamento son dous valores importantes.

Os interesados poden poñerse en contacto co club no 699 833 295.

O restaurante leva un ano pechado, trala marcha dos anteriores inquilinos, que estiveron 10 anos á fronte do proxecto. O club, un pioneiro na comarca fundado en 1977, ten en marcha o proxecto de ampliación da instalación do edificio, que pasará a ter un espazo para os socios, case que duplicando a superficie.

Comentarios