Martes. 23.04.2024
El tiempo

Co cú ao aire fronte a falta de saneamento no Pindo

Co cú ao aire fronte a falta de saneamento no Pindo
Cagando no rio do Pindo-Foto-Juan Louro Áceda acción que protagonizaron os veciños do Pindo simulando cagar directamente no río-Foto-Juan Louro Cambeiro

Son máis de 8 anos os que levan no Pindo co cú o aire ante a falta de saneamento. Cada verán, a falta de conexión á rede de sumidoiros provoca que as augas fecais das casas e establecimentos remate no rego do centro da vila carnotá, provocando malos cheiros e unha grave contaminación na zona.

Fartos, os veciños do Pindo están comezando a mobilizarse e están desenvolvendo varias accións para chamar a atención das administracións, nomeadamente do Concello que xa ten manifestado a necesidade de acometer unha solución, e de Augas de Galicia da Xunta.

A última acción é esta divertida pero cargada de simbolismo performance que veñen de realizar esta fin de semana varios veciños do Pindo. Foron media ducia de bravos veciños os que se animaron a apuntarse á idea de Quino Pais, e así pousaron para que Juan Louro retratase o momento.

A imaxe queda aí, e vale máis que mil palabras. “Xa que o que cagamos vai ao río, dá igual cagar no río directamente”, explica Pais.

Ao parecer si que hai unha rede de sumidoiros nova pero que non está conectada, polo que boa parte das casas verten directamente o que sae dos seus báteres e fregadoiros ao rego.
As augas fecais (que ademais de non estar conectadas a ningunha depurada, non teñen separación cas fluviais) provocan malos cheiros na zona da estrada, na zona do paseo e en moitas casas e establecementos. Ademais as augas desembocan directamenta no centro do areal.

Cómpre lembrar que a falta de saneamento é un problemá endémico non só na vila do Pindo, se non en numerosas zonas da bisbarra.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios