Venres. 19.04.2024
El tiempo

Coa vida non mar non pode haber recortes

Coa vida non mar non pode haber recortes

Ese é o sentir da nota de prensa da Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia, ASOAR ARMEGA, que amosa a súa total oposicion á decisión da Consellería do Mar de "cobrar os rescates e intervencións do Servizo de Gardacostas de Galicia".

I é que segundo sinalan "o rescate da vida humana non o cobraba ninguén ata o de agora, pero parece ser que a partir de xa, e por motivos económicos ou coa escusa de reducir gastos, a Xunta de Galicia vai a impoñer una taxa polas labores de rescate derivadas de imprudencias ou actividades perigosas, sen ter claro aínda cales son os criterios que van a seguir para determinar si dita emerxencia se trata ou non de unha imprudencia".

Dende Asoar "crese que o Executivo galego valora moi pouco a vida das persoas que dedican a súa actividade profesional á pesca e o marisqueo, dado que a pesca é unha das profesións máis perigosas segundo as estatísticas de sinistralidade laboral e é considerada en tódolos foros de prevención e condicións de traballo dos organismos internacionais como unha actividade de alto risco, e non porque se cometan imprudencias senón porque é unha característica intrínseca do traballo".
Asemade, "existen factores imposibles de controlar no mar, como a meteoroloxía, que ás veces muda de un momento a outro e pode sorprendernos faenando".

Por outra banda, o tempo de resposta ante un accidente pode ser decisivo para a vida de unha persoa ou determinante para reducir a gravidade das lesións causadas. Polo tanto, "a vacilación que puidera xurdir á hora de alertar ao Servizo de Gardacostas en caso de un accidente a bordo ou a decisión de arriscarse e levar ao tripulante ferido un mesmo a porto, para non ter que facer fronte a este gasto, pode provocar situacións dramáticas, podendo agravar as consecuencias do propio accidente".

Entón, xurde una dúbida: "quen sería o responsable si as consecuencias de unha emerxencia xurdida a bordo se agravasen ou incluso se producise a morte de un tripulante por existir unha demora no tempo de resposta ao dubidar en chamar ou arriscarse e non comunicarllo ao servizo de rescate correspondente para que nos acuda? A Administración, o seguro ou o armador?"

Máis recortes

Lembran ademais que anteriormente, xa se nos retirou o seguro colectivo de vida dos tripulantes das embarcacións que tiñan porto base en Galicia e dos tripulantes galegos que navegan por todo o mundo e agora quérennos cobrar polas labores de rescate".

Coa vida dos seres humanos non se xoga nin se fan recortes!

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios