Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Cogami asesora máis de 700 persoas con discapacidade da Costa da Morte en orientación laboral

Yolanda Grandal orientadora laboral de Cogami en Soneira e Bergantinos
Yolanda Grandal é a orientadora laboral de Cogami en Soneira e Bergantiños
Cogami asesora máis de 700 persoas con discapacidade da Costa da Morte en orientación laboral

O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral (SIL) que ten COGAMI habilitado para atender ás persoas con discapacidade que buscan emprego está situado nas instalacións que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade ten nas sete cidades galegas. Sen embargo, moitas das persoas que demandan este servizo viven en zonas rurais, por iso, co fin de facerlles unha atención máis doada, durante dous días á semana un profesional desprázase ata estas zonas.

Yolanda Grandal é unha das orientadoras laborais que ten COGAMI nas instalacións de A Coruña e que se despraza ata concellos que forman parte das comarcas de Bergantiños e Soneira. Son arredor de 4.400 quilómetros anuais os que percorre Yolanda Grandal para coñecer as necesidades das persoas usuarias dos concellos que atende.

Polo sur da bisbarra, é Iván Lamela, o que realiza 9.000 quilómetros polas comarcas de Muros, Noia, Barbanza e Sar (Carnota, Mazaricos e Muros entre eles) para atender ás persoas usuarias.

Orientador laboral de COGAMI Iván Lamela

Na Costa da Morte son máis de 700 persoas as que se aproveitan deste servizo:

Concello Homes Mulleres Total
Carballo 181 103 284
A Laracha 41 21 62
Coristanco 27 14 41
Malpica 26 11 37
Ponteceso 33 10 43
Cabana 31 11 42
Vimianzo 14 10 24
Zas 23 12 35
Laxe 17 11 28
Camariñas 11 7 18
Carnota 19 4 23
Muros 47 20 67
Mazaricos 11 6 17
TOTAL 481 240 711

Destas persoas integrantes na base de datos, durante o ano 2019, a orientadora laboral Yolanda Grandal realizou un total de 76 orientacións, das que 65 foron realizadas na comarca de Bergantiños e 6 na de Soneira. En canto aos perfís predominantes, resalta Yolanda Grandal, que carecen de formación regrada e, no caso de tela, contan con estudos básicos, sendo moi limitados os coñecementos informáticos a nivel usuario. Moitas das persoas que chegan novas veñen tras obter un certificado de incapacidade laboral para a profesión habitual, co que é necesaria que se sometan a unha reciclaxe para volver entrar no mercado.

51 insercións

Segundo datos que manexa esta área, durante este ano foron 24 as persoas inseridas laboralmente, 23 na comarca de Bergantiños e 1 na de Soneira. Tres destas insercións lográronse tras rematar un curso de Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais en Cabana de Bergantiños.

Ademais, 27 persoas atoparon traballo durante este 2019 na comarca de Muros.

Novas relacionadas

Comentarios