Venres. 29.03.2024
El tiempo

ENTROIDO

Colorido, e polémica, nun vivido Entroido de Muros

Rueirada no Entroido de Muros-Foto-Manuel Maria Candamo
Rueirada no Entroido de Muros-Foto-Manuel Maria Candamo
Colorido, e polémica, nun vivido Entroido de Muros

A fin de semana deixou tamén unha fermosa cita en Muros. Despois do Enterro do Facundo a golpe de mércores de cinza, o domingo 10 de marzo as rúas de Muros acollían un vistoso e colorido desfile e un vivido concurso. Vivido e polémico, pois moitos non entenderon como A Rueirada, co seu espectáculo Días de los Muertos de México, despois de quedar no segundo posto do Entroido ceense, levar o premio en Noia, quedaron relegados ao 4º posto.

Na vila cren que a relación entre Ximiela e Rueirada (comparten parte da directiva, pero son ben distintas), Na vila cren que as diferencias que tivo a directiva de Ximiela coa alcaldesa por ter que facer a estrea do seu novo espectáculo fóra da casa condicionaron a votación desta á hora de realiza-lo veredicto do concurso de comparsas, deixando a Rueirada nun cuarto posto

En todo caso, a comparsa campiona foi a Pista Rásodi Freddy Mércury, por diante do mundo doce de Candy Land das Brincadeiras, e As Aceleradas Perdidos no Tellado. Accesits levaron as Menudas Miúdas, e os Paiasos do “Como están ustedes”.

Non houbo dúbida no premio ao Entroido Tradicional, que levou o grupo Faltriqueira co seu traxe tradicional ancestral do antroido de Torea. O primeiro premio dos Grupos foi para “Quenchedera alma barroca”.

Carpa chea no Entroido de Muros-Foto-Xose Sendon
Carpa chea no Entroido de Muros-Foto-Xose Sendon

Queen  no Entroido de Muros-Foto-Manuel Maria Candamo
Queen  no Entroido de Muros-Foto-Manuel Maria Candamo

Mundo doce de Candy Lando  no Entroido de Muros-Foto-Xosé SendónO mundo doce-Foto-Xosé SendónFaltriqueira co traxe de entroido tradicional de Torea-Foto-Manuel Maria Candamo
As mulleres de Faltriqueira co traxe tradicional de Torea-Foto-Xosé Sendón

Novas relacionadas

Comentarios