Venres. 29.03.2024
El tiempo

Comercio e Hostalería únense en Carballo por primeira vez para pasar un #NadalXuntos

campaña_comercio_hostalaria en Carballo
Comercio e Hostalería únense en Carballo por primeira vez para pasar un #NadalXuntos

A unión por Nadal da Asociación de hostalería, o Centro Comercial Aberto, e o comercio local carballés é a idea fundamental da nova campaña lanzada co apoio municipal. É a primeira vez que hostalería e comercio se unen nunha campaña para animar a pasar o #NadalXuntos, apostando pola seguridade nas compras de Nadal, de xeito que sirvan para reactivar a economía carballesa.

Para iso, a ambiciosa iniciativa “Este Nadal pasámolo xuntos, seguro!”, repartirá 65.000€ en premios, 25.000 en vales e outros 40.000 en efectivo. Así o anunciaron onte o presidente do CCA, Ricardo Pallas; o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, e o alcalde, Evencio Ferrero.

“Apelamos á solidariedade coa actividade económica de Carballo para que todos poidamos saír adiante”, manifestou Pallas. “Se hai bos resultados para o comercio e a hostalaría haberá bos resultados para toda a sociedade carballesa”, afirmou Regueira.

O desenvolvemento será a través dunhas tarxetas “rasca” que distribuirán os 78 comercios participantes e os boletos que entregarán aos seus clientes un total de 32 locais de hostalaría.

Novas relacionadas

Comentarios