Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Denuncian que XEAL non compra materia prima a pesar de que remata o ERTE

Fabrica de Ferroatlantica en brens
Denuncian que XEAL non compra materia prima a pesar de que remata o ERTE

Hoxe venres volverán saír á rúa, volverán concentrarse ás 17:15 diante da fábrica de Brens para esixir o plan de viabilidade ao que obrigan as cláusulas, un calendario de rearranque dos fornos e que se fagan os investimentos necesarios nas plantas para garantir a viabilidade produtiva e o mantemento de todos os empregos. Se cadra farano máis preocupados que nunca ante a deriva que está tomando a dirección, que segue sen fornecerse de materia prima necesaria para recuperar unha actividade que a día de hoxe está ao menos do 10%.

O 28 de febreiro remata a vixencia do ERTE, "pero non sabemos como se vai retomar o traballo porque a empresa non está comprando materia prima para comezar a produción nos dous fornos que están parados, nin nos trasladou un calendario para o rearranque”, denuncia o Comité.

Denuncian, ademais da falta de mantemento das fábricas, a “redución de maneira alarmante os empregos, xa que non suple as xubilacións que se producen tanto por idade como por incapacidade”.

Un Comité que tamén pide accións á Consellería de Economía, Empresa e Innovación, que segue sen esixir o Plan de Viabilidade, e segue sen dar data para a reunión solicitada en varias ocasións.

En realidade, para o Comité, a intención da empresa é a “segregación de actividades, tal e como evidencia o recurso interposto ante o Tribunal Supremo”.

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

  •  

Comentarios