Venres. 19.04.2024
El tiempo

O comité de Ferroatlántica pídelle implicación real aos alcaldes e alcaldesas da comarca

2019080707595927535
Alcaldes da Costa da Morte recunidos o pasado mes de agosto para preparar unha carta que enviaron a Feijoo
O comité de Ferroatlántica pídelle implicación real aos alcaldes e alcaldesas da comarca
Xa non é a primeira vez que anuncian o seu compromiso. Foron varias as fotos que sacaron os alcaldes e alcaldesas da comarca asegurando o sei apoio aos traballadores para intentar salvar un dos grandes motors económicos da comarca, do que dependen 400 postos de traballo. Teñen incluso enviado unha carta a Feijoo, pero a realidade é que non obtiveron resposta.

De aí a nova reunión que mantiveron onte os membros do Comité cos gobernantes para demandar a súa implicación ante o desmantelamento progresivo das fábricas e o recorte drástico da produción que pon en serio risco a continuidade dos empregos e da actividade das plantas de ferroalixes.

O Comité pídelle aos rexedores que fagan as xestións oportunas para convocar a reunión a tres bandas que levan pedindo semanas. Unha cita que servirá para poñer todas as cartas sobre a mesa, e volver a denuncian “a segregación encuberta” que está intentando levar a cabo dirección de XEAL (o novo nome da empresa).

Mobilizacións todos os luns

O comité tamén anuncia que o calendario de mobilizacións pasará a realizarse todos os luns (non cada 15 días como mantiñan), sendo a próxima concentración o día 9 diante da Casa do Concello de Cee, ás 17:15 horas.

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

Comentarios