Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Comité de XEAL lamenta que o esquecemento da Xunta

Fabrica de Brens de XEAL
O Comité de XEAL lamenta que o esquecemento da Xunta
Non semellan estar nos plans da Xunta os traballadores de XEAL. De feito, Feijoo non os nomeou na reunión coa Ministra de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfica sobre a problemática das empresas electrointensivas, como si fixo cos de Meirama, Endesa-As Pontes, Siemens-Gamesa, Alcoa, Alu-Ibérica ou Ence.

Tampouco fixo os seus deberes a Xunta, os que prometera na última reunión co Comité de Empresa, que pasan pola esixencia dun Plan de Viabilidade que garanta a continudade industrial e o mantemento dos postos de traballo á dirección das fábricas. Así o comprobaron onte os membros do Comité tras unha nova reunión coa Consellería, constatando que “o Goberno galego segue sen asumir as súas responsabilidades e sen querer exercer as súas competencias, a pesar da parada produtiva dos fornos e do desmantelamento das fábricas”.

Os traballadores lembráronlle á Xunta que “dende a chegada do fondo TPG-IThaka, nunha operación fraudulenta que só persegue facerse co negocio da produción eléctrica, nin se executaron os investimentos comprometidos, nin se presentou un plan industrial que dea viabilidade á produción de ferroaliaxes e permita a continuidade dos empregos. Ao contrario, neste tempo asistiuse ao desmantelamento progresivo das fábricas, á parada dos fornos e á destrución de postos de traballo, xerando unha enorme incerteza sobre o futuro das instalacións”.

Ante todo isto, o comité volveulle demandar á Xunta que “acometa as medidas necesarias para velar pola viabilidade das fábricas, así como polo cumprimento do recente fallo do TSXG que reafirma a vinculación esencial das actividades enerxética e das ferroaliaxes, como a mellor garantía de defensa do interese público e da continuidade industrial”.

Neste senso, o comité critica que seguen “sen coñecer o contido do plan de viabilidade que a empresa trasladou á Xunta, nin os termos do contrato de compra-venda entre FerroGlobe e TPG-Ithaka ou dos acordos comerciais entre ambas compañías. Factores ambos de suma importancia, porque determinan as posibilidades de acceso a materia prima de calidade e a saída ao mercado das ferroaliaxes qu ese fabrican en Cee e Dumbría”.

ERTE

Este 28 de febreiro remata o ERTE, e se ben a dirección ten asegurado que vai recuperar todos os postos de traballo, o Comité mantén unha gran “incerteza xa que a dirección non ten adquirido materia prima para retomar a actividade nos dous fornos que están parados”.

De feito, o comité sospeita que “a empresa non está polo labor de arrancar algúns dos fornos de manganeso, aínda que existe demanda no mercado deste material, tal e como o corrobora o feito de que a fábrica de Boo está a pleno funcionamento. Isto confirma a artimaña que hai atrás da operación de venda, que pon en risco a continuidade industrial e centos de empregos nunha comarca deprimida como a Costa da Morte”.

Mobilizacións

O persoa continúa hoxe venres 18, coas concentracións semanais diante da fábrica de Brens, ás 17:15h, para esixir o plan de viabilidade, que se cumpra co establecido nas cláusula das concesións e se concrete un calendario para o rearranque efectivo dos fornos. E ao tempo, para esixir a Xunta que revise a concesión de explotación das centrais se a empresa prosegue co seu boicot á produción de ferroaliaxes.

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

Comentarios