Venres. 19.04.2024
El tiempo

Como prestan os desfiles, e o talento, por Camariñas

Non era a Mostra do Encaise, pero como se o fose, porque Camariñas enteira engalanouse o pasado venres para o seu Desfile de Outono do comercio local.

Ademais, este luns, pechábase a edición do programa Camariñas con talento

Desfile de Outono en Camarinas 2
Ambientazo no Desfile de Outono en Camariñas
Como prestan os desfiles, e o talento, por Camariñas

Desfile de Outono en Camarinas 1

Unhas 500 persoas, entre público e participantes, déronse cita no Pavillón Municipal, para ver a coleccións das 6 empresas locais.

Nun ambiente decorado de Samaín estilo mexicano, os propios veciños fixeron de modelos de excepción. Algún ou algunha se cadra o veremos nos desfles da vindeira Mostra…

A proposta municipal, que nace coa intención de promocionar o comercio local e dinamizar a economía, agradeceu a colaboración das firmas Kerubín, Oreiro, O Rincón de Chus, d’Pau, Calzados Silvia e Confecciones Elsa.

A degustación dun chocolate co churros de balde á disposición dos asistentes puxo o punto e final a este Desfile de Outono en Camariñas.

Desfile de Outono en Camarinas 3

 

‘Camariñas con Talento’

Camarinas con talento 2

Este luns 4 de novembro, celebrouse no IES Pedra da Aguia o acto de clausura de ‘Camariñas con Talento’, un programa organizado polo Concello de Camariñas e subvencionado pola Consellería de Política Social da Xunta
de Galicia, para promover e capacitar o emprendemento na mocidade, vía imprescindible para reter o talento
xuvenil nas zonas rurais, e incrementar a viabilidade e a autoestima do empresariado máis novo.

Un total de 95 persoas participaron nestas actividades. A totalidade delas valoraron positivamente as actividades e un 88% salientaron a súa alta satisfacción respecto ao programa.

Camarinas con Talento

Comentarios