Martes. 16.04.2024
El tiempo

Como secunda a Costa da Morte a folga feminista?

Como secunda a Costa da Morte a folga feminista?
O Albergue de Fisterra peche por folga feminista O Albergue de Fisterra, un dos establecimentos da comarca que pecha por folga feminista Todo o mundo coincide. Este 8 de marzo vai ser un antes e un despois na loita feminista. Lonxe de etiquetas, a Costa da Morte tamén se implicou no Día Internacional das Mulleres cunha completísima Axenda de actos e apoios. Pero ademais, podemos ollar con esperanza como, desta volta, a bisbarra tamén respondeu á folga feminista convocada internacionalmente, facendo patente o primordial papel feminino na sociedade. Faremos outra nova cos actos realizados neste 8 de marzo, pero antes queremos facer un repaso, concello a concello, sector a sector, para analizar o seguemento da folga. Unha folga que en moitos casos se extende non só ao eido laboral, se non tamén ao consumo, ás tarefas de coidado ou á educación.

O Pequeno Comercio

este espazo apoia a folga feminista Queremos comezar polo pequeno comercio e o sector servizos, un dos que máis complicado ten secundar a folga. “No sector privado é máis complicado, a xente ten medo a consecuencias”, recoñecíanos a propia alcaldesa de Muros, unha das grandes protagonistas desta folga. Aínda así hai exemplos do compromiso da sociedade costeira para coa loita feminista. Establecimentos como a Clínica de Fisioterapia Vértebra, de Baio, queda en servizo mínimos, pois o equipo feminino (maioritario), fai folga. Por Vimianzo, a Tenda de Ma ou Duende de Algodón pechan toda a tarde para ir ás concentracións. Paran tamén as traballadoras de empresas como Electra del Gayoso ou a ceesa Fuco Corbelle. Unha vila de Cee que amencía aberta. Paralelamente practicamente o 100% das mulleres de Ferroatlántica secundaron o paro da mañá. De igual xeito unha porcentaxe elevada das traballadoras do centro comercial Carrefour están paradas; o comercio local tamén pechou as portas nesta quenda de paro e as traballadoras saíron na conserveira Calvo, en Carballo. Algunhas artistas da volta como Mimadriña ou Viki Rivadulla tamén se negan a doblar papeliños, e outros establecimentos como a tenda turística Stoupa non abrirá pola mañá secundando os paros de dúas horas por xornada laboral que convocaban sindicatos como a CIG. Posto de queixos do mercado de Carballo

A folga nos Concellos

Muros A Alcaldesa de Muros, María Xosé Alfonso, é unha das grandes voces desta folga. Vai facer folga todo o día e nos conta que no concello muradán o 25% das traballadoras secundarán a folga, e boa parte dos traballadores/as do Concello van facer un paro de 2 horas. O Concello é un dos que non organizou para este 8 de marzo ningunha das actividades do completo programa para este Día da Muller a través do CIM, para facilitar a folta e permitir poder acodir á multitudinaia concentración ás 12:00h na praza do Concello. Fálanos Alfonso do “Cumio de alcaldesas” que acolle Muros ete venres 9 de marzo. A segunda edición deste cumio que nacía en 2016 á iniciativa da alcaldesa de Moaña. Estan confirmadas 8 alcadesas de toda Galicia, e o tema central é o empoderamento da muller, e será unha xornada completa, con presencia do alumnado dos IES de Muros para interactuaren e debatiren coas alcaldesa. Despois comida, e as 16:00h, visita guiada polo casco vello. e Peli “Llueven vacas” con debate posterior cunha das protagonistas da peli, aberta e con debate. Laxe e Vimianzo Os Concellos de Laxe e Vimianzoson outros que están dando exemplo e ambos enviaron notas de respecto, e mesmo apoio á folga feminista. En Laxe organizaron unha concentración con lectura de manifesto ás 12:00h, e por Vimianzo 10 traballadoras municipais e unha concelleira, Marta Rey, van secundala folga, provocando, por exemplo, o peche da Casa da Cultura (son 3 mulleres as traballadoras). Fisterra Por Fisterra tamén hai actividade. O Departamento de Cultura fai folga todo o día, así como as aulas Cemit e informática. Nas oficinas municipais hai un seguemento bastante completo pero non do 100%, pero as que non fan folga farán paro de 2 horas (de 12:00 a 14:00h). Ademais, outros exemplos como o Albergue Municipal, coordinado por unha brava muller, quedará pechado ao longo do día.

Camariñas

Baleiro quedou o edificio municipal da “Casa de Pedra” onte pola Folga Feminista Internacional. O 84% das mulleres fixeron folga ,16 de 19, case todas a xornada completa. Os servizos incluídos neste edificio son: Servizos Sociais, incluídas as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar e Técnica de Igualdade; Axencia de Desenvolvemento Local, Educación de Adultos, Mostra do Encaixe e, nestes días previos á mostra, Museo do Encaixe. No resto dos servizos municipais, tamén parou algunha das mulleres traballadoras. As persoas que pasaron onte á Casa de Pedra se mostraron comprensivas coa ausencia do persoal e, a maioría, mostraron directamente o seu apoio á folga. Outros exemplos En Muxía imos todas as mulleres e os homes apoian con servizos mínimos e fan expreso o seu apoio a todas as reivindicacións. Ademais, técnicas como Viki Rivadulla fan folga completa. Por Corcubión é unha a muller que fai folga completa, pero serán varias as que apoian as mobilizacións varias acudindo a concentracións convocadas pola CIG (12:00) e Buserana (20:00) en Cee. Outras políticas relevantes como a deputada sociaista Loli Toja fará paro de 12:00 a 14:00h.

O Mar

Se ben hai portos como o de Fisterra onde non hai mulleres, en zonas como Bergantiños si que as mulleres son un colectivo principal no mundo do mar. E temos exemplos de todo tipo. Por Corme case todas as Redeiras farán folga. Non así por Malpica, onde apoian as mobilizacións pero non haberá un par completo. Tampouco en Camariñas, onde a patroa deixa claro que hai xornada de marisqueo e a lonxa traballa, e con ela, as mulleres do mar camariñán.

Centros educativos

Imaxe dos alumnos en Folga Feminista polo 8 de marzo do IES Fernando Blanco de Cee Imaxe dos alumnos en Folga Feminista polo 8 de marzo do IES Fernando Blanco de Cee Non podía faltar un dos colectivos máis comprometidos da Costa da Morte. A comunidade escolar non falla a estas citas reivindicativas, e como pasa coa LOMCE, principalmente alumnas, pero tamén moita mestras, están facendo folga. Completaremos os datos de seguemento do paro nos centros da comarca. Por exemplo, no IES Fernando Blanco secundan a folga 9 profesoras e outras 4 fan paro de 2 horas, mentres que o alumnado fai folga case que ao completo. Por Muros, No CEIP Ricardo Tobío de Esteiro un 100% do profesorado feminino fai folga, sendo un total de 11 de 17 os mestres que secundan a folga, 6 de xeito completo e 5 facendo o paro de 2 horas. No IES As Insuas de Muros, tamén o 100% das mestras fan folga, habendo ademais case un 90% de seguemento entre o alumnado. Ademais no IES Fontexería, as 7 mestras (de 42 profesores) fixeron folga, así como o 98% do alumnado a partir de 3º ESO. Unha das accións máis simbólicas, é este comprometido audio compartido polas alumnas do IES Maximino Romero de Lema de Baio:

”Servizos mínimos”

Non pasa, ou non pode pasar o mesmo, en lugares como o Hospital de Cee, onde coma sempre, os servizos minimos esaxerados, obrigan a ir a traballar a case todos os profesionais.  

Axenda do mes da Muller na Costa da Morte

Novas do 8demarzo

Outras novas relacionadas

Fonte

Comentarios