Venres. 19.04.2024
El tiempo

A completa oferta de FP dos institutos da Costa da Morte

Unha alumna do FP de INstalacions Electromecanicas do IES Fernando Blanco
Unha alumna do FP de Instalacions Electromecánicas do IES Fernando Blanco
A completa oferta de FP dos institutos da Costa da Morte
Primeira semana de setembro e se cadra aínda hai parte da mocidade que non ten claro que facer este curso. Pode pois aproveitar unha das oportunidades de formación máis enfocadas ao mercado laboral que temos na bisbarra: a Formación Profesional.

Na bisbarra temos unha oferta moi variada de cursos, enfocados á mecánica, á administración, á hostalería… pero tamén á informática.

Se ben os Ciclos Superiores xa están fóra de prazo de matriculación, os Ciclos Medios e a Formación Profesional Básica (así como a EPA de Adultos) ten o prazo aberto de solicitude de admisión ata o 10 de setembro.

Oferta de FP na Costa da Morte

  • IES Fernando Blanco (Cee):
    - Grao profesional básico: Electricidade e electrónica; Mantemento de vehículos.
    - Grao medio: Xestión administrativa; Instalacións eléctricas e automáticas; Mantemento electromecánico; Electromecánica de vehículos automóbiles.
    - Grao superior: Administración e finanzas.
  • IES Terra de Soneira (VImianzo):
    - Grao profesional básico: Servizos administrativos.
    - Grao medio: Xestión administrativa; Grao superior: Administración e finanzas.
  • IES Maximino Romero de Lema (Baio, Zas):
    - Grao profesional básico: Informática de oficina.
    - Grao medio: Sistemas microinformáticos e redes.
  • IES Terra de Xallas (Santa Comba):
    - Grao profesional básico: Cociña e restauración; Mantemento de vehículos.
    - Grao medio: Xestión administrativa.
    - Grao superior: Administración e finanzas.
  • IES Eduardo Pondal (Ponteceso):
    - Grao profesional básico: Servizos administrativos; Mantemento de vehículos.
    - Grao medio: Xestión administrativa; Electromecánica de vehículos automóbiles.
  • IES Fontexería (Muros): Grao medio de Informática de oficina e de Instalacións eléctricas e automáticas.
  • IES Monte Neme (Carballo):
    - Grao Profesional Básico: de Electricidade e electrónica; e de Fabricación e montaxe.
    - Grao Medio de Xestión administrativa; Instalacións eléctricas e automáticas; Instalacións de telecomunicacións; e de Mecanizado.
    - Grao superior de Administración e finanzas; e de Mantemento electrónico
  • IES Isidro Parga Pondal (Carballo):
    Grao superior: Administración de sistemas informáticos en rede.

Novas relacionadas

Máis nova

Comentarios