Venres. 19.04.2024
El tiempo

Completo programa cultural para o maio das Letras de Zas

Completo programa cultural para o maio das Letras de Zas
Completo o programa cultural para o mes de maio do Concello de Zas. Un programa que xa ten o seu preludio ca II Mostra de Teatro Afeccionado, que ten este sábado nova cita, e que continúa os primeiros 3 sábados do mes das letras.
Paralelamente xa está en marcha o  IX Concurso de Marcapáxinas, Concurso destinado ao alumnado dos centros de ensino do Concello, e que xa ten as bases publicadas en www.concellodezas.org
En canto ás actividades máis destacadas relacionadas coas Letras Galegas, en homenaxe a Carlos Casares, destacamos as seguintes: Martes, 9 de maio. Contos e Música e visitas teatralizadas para escolares (pte. concretar horarios) Mamá Cabra, “Contos que saen dos libros” CEIP Labarta Pose de Baio. (12.30h.) Xoves, 11 de maio. Música O Viravai, “As andanzas de Paio” CEIP Labarta Pose de Baio. (12.30h.) Luns, 15 de maio. Música Pakolas, “As Parábolas de Pakolas” CPI de Zas. (12h.) Martes, 16 de maio. Teatro Cándido Pazó, “Memorias dun neno labrego” CPI de Zas. (12h.) Martes, 16 de maio. Animación á lectura Compañía do Trinke Trinke. “Contos para andar o camiño” Biblioteca Municipal de Zas. (18h) Xoves, 18 de maio. Música e contos Migallas Teatro, “Canta Connosco” CPI de Zas (12h.) Venres, 19 de maio. Teatro Isa Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei “Falar sen cancelas” IES Maximino Romero Lema de Baio (13h) Martes, 30 de maio. Animación á lectura Compañía do Trinke Trinke. “Contos para andar o camiño” Axencia de Lectura de Baio. (18h.)  

Fonte

  • Concello de Zas.

Comentarios