Martes. 16.04.2024
El tiempo

Compra no noso mar

QuedaCoNosoMar
Compra no noso mar

Unha das cousas que esperemos quede deste confinamento debería ser a importancia de consumir en clave local. De aí que teñamos que reflexionar sobre onde mercamos, e de onde de sae o que mercamos. É a idea, relacionada co noso mar, en plena dicotomía nesta crise sanitaria, que propoñen os GALP coa campaña #QuedaCoNosoMar.

Unha campaña para visibilizar o labor da xente do mar, ofrecendo datos de primeira man sobre a importancia económica e social do sector e a situación por provincias galegas. Pois na nosa man, na nosa carteira, está o garante para manter o emprego dunhas 100.000 persoas. Non só as 22.000 persoas que saen ao mar cada día, se non toda a cadea que hai detrás en empresas conserveiras, depuradoras, transportistas ou de servizos.

O sector aglutina o 2% da riqueza galega, se ben é moito máis acentuado en zonas costeiras como a nosa (pode chegar a supoñer o 10% da economía en moitos concellos da comarca), que sofre a caída de prezos de entre o 50 e o 85%, polo parón da hostalería e do consumo.

Por iso, no noso peto está o manter a nosa economía local.

Novas sobre a pesca no Estado de Alarma

Comentarios