Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Compromiso=Presuposto. Buserana artella unha mesa informativa sobre o incumprimento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

Compromiso=Presuposto. Buserana artella unha mesa informativa sobre o incumprimento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

Non cala a Muller da Costa da Morte, e únese á Mobilización feminista o 16 de maio 2018 contra o incumprimento nos Presupostos do Estado 2018 do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. É, coma sempre, a organización feminista Buserana a que organice unha mesa informativa en Cee, de 19:00 a 20:00 horas, na praza 8 de Marzo, para que quen queira poida achegarse a recibir informaciòn sobre esta novo incumplimento do goberno.

As entidades esixen que se cumpra o Pacto de Estado contra a violencia de xénero e se asigne a partida orzamentaria prometida, como explican neste comunicado da Plataforma da que tamén son asinantes.

Manifesto das Plataformas de Mulleres

As organizacións feministas asinantes convocamos a manifestarnos nas nosas cidades o 16 de maio, porque: Sen os 200 millóns de euros anuais prometidos (o 0,04% do Presuposto do Estado) pola ministra de “igualdade” Dolors Monserrat non se pode cumprir co Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Eses 200 millóns, que, aínda sendo insuficientes, servirían para responder a parte das 213 medidas do Pacto. Tras una mobilización feminista histórica este 8 de marzo, o Goberno puxo o lazo morado para terminar finalmente anunciando unha redución brutal de 120 millóns. Polo que no mellor dos casos alcanzaríamos 80 para todo o territorio español. Os asasinatos de máis de 900 mulleres nos últimos quince anos, non xeran a alarma social suficiente para que o PP cumpra a súa promesa de mínimos, e deixa ás Comunidades Autónomas sen os 100 millóns prometidos para prevención educativa e sanitaria e aos 8.000 concellos sen os 20 millóns acordados para mellorar a atención xurídica, psicolóxica e social de proximidade. Non é que non haxa cartos, é que as súas prioridades son outras: o aumento do presuposto de Defensa en 819 millóns (o 10,7% respecto ao ano pasado) o seguir financiando rescates de bancos e autoestradas. É dicir, a dignidade das vidas do 51% da poboación, non é unha prioridade para eles. Pero nosoutras non imos a permitir que os nosos dereitos queden en papel mollado. Compañeiras, debemos contestar a este goberno machista, indolente e que nos engana. Sen os cartos prometidos non se poderá facer política feminista. ¿Para que? Para educar en igualdade, previr as violencias machistas dende a infancia, protexer e atender ás vítimas de violencia, para ter uns medios de comunicación que nos respecten, para formar e sensibilizar á xudicatura, persoal sanitario, docente e ás forzas de seguridade do estado... En definitiva, para construír unha sociedade xusta e libre, onde vivamos vidas dignas de ser vividas. Señores e señoras do goberno, señor Rajoy, señora Monserrat, canto valen as vidas das mulleres? Compromiso = Presuposto A loita segue, vémonos nas rúas. ¡Nin unha menos!
 

Novas relacionadas

Comentarios