Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A comunidade educativa agradece o labor de Protección Civil e Policía Local

Proteccion Civil e Policia Local de Cee un dos dias de homenaxe en Cee
Protección Civil e Policia Local de Cee un dos dias de homenaxe en Cee
A comunidade educativa agradece o labor de Protección Civil e Policía Local

Dende o IES Fernando Blanco, e entendemos que dende toda a comunidade educativa de Cee, queren facer público o seu “agradecemento e enorme respecto ó traballo desenvolvido pola Protección Civil de Cee, asi como pola Policía Local”.

Q todas as súas enormes responsabilidades acumuladas dende o inicio do estado de alarma, e sempre encamiñadas a protexer a nosa saúde, debemos engadir o importante papel xogado neste instituto. Foron os/as encargados/as de facerlle chegar directamente ó noso alumnado, de diferentes concellos, aquel material que necesitaban (tanto o aportado pola Consellería de Educación como do propio centro) evitando así, na medida do posible, que a súa formación a distancia se vira reducida”.

A directora do centro ceense, Chelo Trillo, considera que a súa dispoñibilidade e adaptación ós horarios do persoal do Instituto, o seu cariño e o traballo tan positivo desenvolvido por eles e elas merece o noso aplauso e o noso máis grande recoñecemento. Moitas grazas no nome da comunidade educativa do IES Fernando Blanco e no meu propio”

Comentarios