Xoves. 28.03.2024
El tiempo

As comunidades escolares empurran á sociedade costeira a loitar contra a crise climática

O CEIP de Louro vestiu de verde na Semana Mundial polo Clima
O CEIP de Louro vestiu de verde na Semana Mundial polo Clima
As comunidades escolares empurran á sociedade costeira a loitar contra a crise climática

Esta semana está a ser unha perfecta demostración de como a nosa mocidade tira da sociedade en xeral. As comunidades escolars de Camariñas e Corcubión, apoiadas por comprometidas asociacións, están uníndose á Semana Mundial polo Clima, unha semana chea de actividades para concienciar sobre a necesidade de loitar contra a crise climática, facendo da loita unha necesaria revolución social.

Polo sur da bisbarra, varios mestres vinculados á organización #TeachersforFuture están facendo que as criaturas repensen o seu futuro, e que se fagan conscientes dos que van herdar unha terible situación medioambiental son eles.

En todo caso, “algúns sorprenden co coñecemento que teñen da verdadeira situación e nos contan todo o que fan cada día para paliala. Chegan contando todo o que fan cada día cos residuos e a reciclaxes, fálannos dos incendios que houbo no arredor, como coidan a praia… É importantísimo que se decaten de que as pequenas cousas que podemos facer son moi imporantes”, sinala Daniel Rodríguez, Secretario do CEIP de Carnota. “Traballámolo para que tomen conciencia a dimensión real do problema”.

Concentracion no CEIP de Carnota na Semana Mundial polo Clima
Concentración no CEIP de Carnota na Semana Mundial polo Clima

Durante tanto a comunicade escolar do CEIP de Carnota como a do IES As Insuas de Louro están “facendo microaccións, para non interrumpir o ritmo das aulas”, explica Sandra Carracedo, orientadora do instituto muradán, involucrada na sección costeira do colectivo internacional #teachersforFuture. Unha orientadora que ademais vai ao seu terreo, e @s intenta enganchar a través das redes sociais dende a conta de instagram @orientaasinsuas.

Tamén o CEIP de Louro estivo involucrado nesta semana, realizando diversos xogos como o de “Microplásticos no noso prato”, recreando a cadea trófica e decatándonos de como todo, ata o máis pequeno, nos inflúe directamente.

Xogos no CEIP de Louro contra a crise climatica
Xogos no CEIP de Louro contra a crise climática

O luns fixeron un minuto de silencio ás portas do instituto. O martes trouxeron unha prenda verde. O mércores, por Carnota proxectaron un documental de National Geographic, co activista contra a pasividade política Leonardo Dicaprio, “Antes de que sexa tarde”; mentres en Muros viron dúas curtas, “Lemon” e “Cambio Climático Primaria”.
O xoves fixeron uns carteis por Louro, mentres en Carnota crearon unha canción infantil, con baile, que dá conta do sentir das xornadas: “cada pequeno xesto, conta mogollón”.

Hoxe venres, mentres os pequenos farán unha pequena manifestación no patio, os máis maiores, de 3ª e 4ª da ESO do ies muradán (tamén fixeron o propio os do IES Fontexería), sumáronse á folga convocada polo sindicato de estudantes, e a idea é que fosen á manifestación de Santiago.

Así mesmo, como en Camariñas ou Corcubión, a comunidade escolar de Cee, nomeadamente os grupos de maiores do IES Agra Raíces (coa colaboración do IES Fernando Blanco e o CEIP Eugenio López, ás que tamén se sumou o BNG local despois de presentar unha moción sobre o asunto) saíu á rúa ao mediodía para refrendar a loita contra a crise climática. Fixeron unha combativa concentración na Praza 8 de marzo.

Concentracion da comunidade escolar de Cee na Mundial polo Clima 2Concentracion da comunidade escolar de Cee na Mundial polo Clima

Galería de vídeos

 
 
 

Novas relacionadas

ARTIGOS RELACIONADOS

Comentarios