Xoves. 28.03.2024
El tiempo

“Con estas obras deberíanse solucionar o 90% das verteduras do Pindo”

“Con estas obras deberíanse solucionar o 90% das verteduras do Pindo”
Obras de saneamento do PIndo Espiña realiza esta semana as Obras de saneamento do Pindo

Está sendo a obra de nunca acabar. Xa van Máis de 22 anos de cheiros polas verteduras, e máis de 15 meses dende as mobilizacións do pobo do Pindo por unha Solución Xa!, provocando que as promesas sobre a posta en marcha sigan quedando no esquecemento. As disputas entre administracións deixan aos veciños, e ao medio ambiente, como grandes perxudicados por un dos eternos problemas desta comarca: o saneamento.

Esta semana, porén, a empresa Espiña estivo realizando traballos de reparación da rotura que provocaba o 90% das verteduras na Praza, facendo ademais a separacións de pluviais e fecais no lugar das verteduras, onde estaba a rotura da conexión vella da rede de sumidoiros que provocaba que as augas fecais de boa parte do centro da vila carnotá rematasen directamente na praia.

Esta semana, porén, a empresa Espiña está realizando os traballos tan esperados de reparación da rotura da conexión vella da rede de sumidoiros que provocaba que as augas fecais de boa parte do centro da vila carnotá rematasen directamente na praia. Unhas obras que serven para separar pluviais de fecais e ademais conectar co novo colector de saneamento que une o Ézaro coa depuradora de Panchés.

”Con estas obras solvéntanse as verteduras da traída municipal, polo que deberían solucionarse o 90% das verteduras, se ben aínda quedarían algúns pozos de casas particular por pechar”, explica o alcalde Moncho Noceda.

Ben é certo, como sinalan os veciños que fai falta conectar o bombeo para que a obra sirva para algo. “Xa hai dous meses que lle mandamos a documentación a Fenosa, polo que debería ser algo inminente, pero aquí nunca se sabe porque xa levamos 10 anos con esta obra”, lamenta o propio Noceda.

Veremos se desta vai, mentres os veciños seguirán espectantes ás posibles verteduras, porque a día de hoxe, despois de 22 anos, cústalles crer que todo vai quedar solventado.

 

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios