Venres. 19.04.2024
El tiempo

“Con X de Peixe”, o novo escudo de Laxe

“Con X de Peixe”, o novo escudo de Laxe
Imaxe corporativa Con X de Peixe de Laxe Imaxe corporativa Con X de Peixe de Laxe O Pan de Carballo, o Bolo do Pote de Mazaricos, a Filloa á pedra de Zas, os Pinchos Irmandiños de Vimianzo. Son 4 produtos que serven de imaxe de marca dos seus concellos, sendo bandeiras en feiras como Xantar. En breve uniráselles outra nova proposta costeira, “Con X de Laxe” (o X lese /xe/), que trata de convertir os peixes da lonxa laxeira (xarda, xurelo, coruxo, xuliana, abadexo e xouba), no novo escudo do Concello de Laxe. Así o considera a Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe, que pretende con esta campaña promocionar o peixe como atractivo gastoronómico especial. A campaña vai máis alá de unhas xornadas gastronómicas completísimas, e dunha ruta de pinchos. Como dicimos, a campaña pretende convertise no slogan co que o Concello se dea a coñecer por toda Galicia. Así, participarán en feiras (o Xantar xa está asegurado) e demais reunións gastronómicas poñendo en valor o peixe da Costa da Morte. Xornadas Gastronomicas con X de Laxe

Xornadas Gastronómicas

O primeiro paso será organizar as primeiras xornadas gastronómicas “Con X de Laxe”, do 9 ó 15 de abril, coa hostalería do Concello de Laxe como protagonista. Durante os sete días que duren as xornadas gastronómicas, os consumidores poderán degustar os menús presentados polos seguintes establecementos: Áncora Taberna, Casa do Arco, Bar Escaravello, Restaurante Mar de Laxe, Panadería – Pastelería - Degustación O Ben Me Sabe, Taberna - Restaurante O Bocho, Café - Bar Restaurante O Recodo de Antía, Mesón O Rincón D’Lucas, Restaurante e Tapas Zurich. As consumicións dos menús posibilitarán entrar no sorteo dunha cea para dúas persoas, a consumir en calquera dos nove negocios adheridos ás Xornadas.

Ruta dos Pinchos

Tamén está prevista a organización dunha ruta de pinchos chamada “Peixes con X” para a fin de semana do 19 e 20 de maio.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios