Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Concello, ANPAS e colexios de Muxía unen forzas para afrontar este singular curso

Reunión coas ANPAS e directoras dos colexios
Reunión do grupo de goberno muxián coas ANPAS e directoras dos colexios
Concello, ANPAS e colexios de Muxía unen forzas para afrontar este singular curso
É máxima incerteza nas familias da bisbarra arredor do inminente comezo de curso, marcado para o 10 de setembro para segundo ciclo de Educación Infantil e Primaria; e para o 16 para ESO, Bacharelato e FP. A falta absoluta de información dende a Xunta (que ten as competencias) e o goberno central obrigou ás ANPAS Galegas a enviar un comunicado no que solicitan a garantía de que haia unha volta presencial ás aulas, cos correspondentes protocolos exhaustivos, e o aumento necesario de persoal de hixiene e profesorado necesario para cumplilos.

Pola comarca comeza a haber movementos. O Concello da Laracha xa enviara a súa petición á Xunta dunha normativa específica para a volta ao cole. Onte tivo lugar en Muxía unha xuntanza entre o grupo de goberno, as tres ANPAS da localidade e as directoras dos tres colexios (o colexio Eduardo Noia, o colexio Virxe da Barca e o Colexio Os Muiños), para unir forzas.

A idea principal é ver conxuntamente as necesidades para mellorar as condicións dos colexios, dentro das competencias do Concello. Un dos temas acordados foi a mellora das instalacións para que a volta as aulas pódase realizar con todas as medidas de seguridade. O executivo comprometeuse a trallabar, en colaboración cos tres centros, para acondicionar as instalacións exteriores e facer un mantemento das zonas interiores.

Unhas reunións que se repetirán de xeito periódico.

Axudas de escolarización en Coristanco

Como xa fixeron outros Concellos como Vimianzo, o Concello de Coristanco abre o prazo das bases reguladoras das axudas para a escolarización de menores para o curso 2020-2021.

As familias que se atopen incluídos en programas de intervención familiar dos Servizos Sociais municipais ou que non estando inicialmente incluídos nestes programas os ingresos das súas unidades familiares non superen as cantidades que se recollen na táboa da base terceira das presentes bases.

Hai 10 días para solicitalas.

 

Novas relacionadas

Comentarios