Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Concello de Corcubión considera unha “vergoña institucional” a visita, sen avisar, de Portos

Visita da Conselleira Rosa Quintana a Corcubion
Imaxe da visita este luns da Conselleira Rosa Quintana a Corcubión
O Concello de Corcubión considera unha “vergoña institucional” a visita, sen avisar, de Portos

Este pasado luns a Conselleira do Mar estivo en Corcubión mantendo unha xuntanza cos membros da confraría e do clube marítimo sen invitar aos representantes municipais. Unha situación ante a que o grupo de goberno socialista, quere amosar o seu “malestar” e califica o acto de “vergoña institucional”. “Por riba de todo está a educación institucional. Estamos seguros que se o alcalde fose da súa mesma cor política estaría informado desde o principio”, sinala o alcalde Lalo Insua.

”Entendemos que o mínimo decoro institucional pasa por unha invitación a esas reunións ou cando menos unha chamada para informar desas diversas propostas para o porto de Corcubión, das que nos temos que enterar pola prensa”, denuncian, recoñecendo que non é a primeira vez que acontece.

”Corcubión ten un casco histórico protexido, e o porto está situado no centro, polo que non pode quedar ao marxe do resto da vila”. E vai máis alá, sinalando que “parte das obras que executou Portos de Galicia no noso peirao anos atrás son un claro exemplo do feismo que no resto da vila pretendemos erradicar con un grande esforzo por parte de todos os veciños, limitando a edificabilidade en aras a conservar o noso patrimonio histórico”.

Novas relacionadas

Comentarios