Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Concello de Fisterra eleva as súas queixas polos cortes de luz a Xunta e ao INEGA

Pepe Marcote e Kuka Sar coas queixas enviadas ao INEGA
Jose Marcote e Kuka Sar coas queixas enviadas ao INEGA
O Concello de Fisterra eleva as súas queixas polos cortes de luz a Xunta e ao INEGA

Xa está ben, pensan moitos veciños de Fisterra, ante a avalancha de cortes de luz que levan asolagando a zona nos últimos meses. “Cortes intermitentes e variacións de voltaxe, que poñen en risco os aparatos eléctricos conectados a rede eléctrica, e producen moito malestar entre os veciños e graves perdas económicas os negocios.” Así o explica o informe desenvolto pola empresa Aralumen, que vai adxunto á carta que o alcalde de Fisterra, José Marcote e o teniente alcalde, Kuka Sar, veñen de enviar ao director Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), o mesmo Conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde.

Na carta o Concello manifesta “a fonda preocupación” pola situación, ante os innumerables incidencias así como polo o estado da instalación da rede eléctrica propiedade de Union Fenosa Distribución, distribuidora de electricidade do grupo Naturgy. Lembra “o profundo malestar dos nosos veciños pola falla de adopción das medidas necesarias para evitar os sucesos referidos”, polo que pide “a adopción urxente das accións precisas para o restablecemento, en condicións normais de funcionamento, do subministro eléctrico, dándose traslado das mesmas a este Concello”.

O informe incide nas deficiencias na rede de distribución eléctrica, e pon exemplos de cables descolgados dos tensores, tensores e suxeccións, transformadores, conectores ou postes de formigón en mal estado. Poñen datas aos momentos máis críticos, tendo especial relevancia o tempo entre o 18 e 21 de decembro, 4 días nos ademais da multittude de cortes de luz, chegaron a estar ata 15 horas sen luz.
O informe recolle tamén máis de 75 queixas que os veciños verteron nas redes sociais durante as últimas semanas de 2019.

Kuka Sar, despois de innumerables chamadas en nome do Concello a Naturgy, sabe que a empresa é consciente da situación. “Tres semanas despois dos feitos máis graves, e xusto o día que en QPC publicábase a reportaxe sobre o Hotel Costa da Morte recibín unha chamada de Naturgy, polo que sei que están coa mosca detrás da orella”. Durante estas chamadas a empresa sempre se excusa na situación da estación da Pontella, “pero aquí non queremos explicacións nin excusas, queremos solucións”, sinala un Sar que entende perfectamente “o rebotada e queimada que está a xente, porque que haia cortes un día de temporal de vento, pois aínda se pode entender, pero o que está pasando aquí, continuamente, non pode ser”.

Reportaxes sobre incomunicación

Comentarios