Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os Concellos de Laxe e Vimianzo plántanse ante o parque eólico Monte Chan pola súa afectación aos Penedos

Panoramica dos Penedos de Traba e Pasarela
Panorómica dos Penedos de Traba e Pasarela
Os Concellos de Laxe e Vimianzo plántanse ante o parque eólico Monte Chan pola súa afectación aos Penedos

Non pararon os Concellos de Laxe e Vimianzo dende que hai xusto un ano retomaran o proxecto conxunto de posta en valor dos Penedos de Traba e Pasarela. Aínda a semana celebraron unha reunión técnica para planificar este 2021, unha vez que xa 3 rutas están sinalizadas dende decembro, pero aínda fican pendentes de inaugurar.

En todo caso, esta semana saltou a alarma ao coñecer que o Proxecto Eólico Monte Chan ameaza directamente esta Paisaxe Protexida. Un asunto que chega por sorpresa pois non entenden que a Xunta permita un proxecto industrial nunha zona con protección paisaxística como esta, mentres segue sen cumprir as súas promesas sobre a posta en marcha do Plan de Conservación e Posta en Valor anunciado hai agora case 12 anos.

Laxe: "Non os queremos"

Dende Laxe, o alcalde José Luís Pérez Añón entende que" o proxecto aínda ten que pasar varios trámite burocráticos, e consideramos que estando catalogados como Paisaxe Protexida, e formando parte da Rede Galega de Espazos Protexidos, non se poida levar a cabo". En todo caso, explica que "non imos dar nada por sentado, pero queremos que a zona dos Penedos se siga respectando como está. Non nos gustaría que se colocara nada así".

Añón fai referencia a todo o traballo do plan coordinado con Vimianzo. "Se estamos traballando na posta en valor o espazo natural, e despois nos poñen os eólicos... Pero bueno, imos esperar pola Avaliación de Impacto Ambiental e Visual, que espero que quere ben sinalado nos informes, e en vista do que aconteza, actuaremos".

Vimianzo presentará alegacións

Pola súa parte, o Concello de Vimianzo é máis contundente, e asegura que presentará alegacións ante o proxecto de construción do futuro parque eólico. Non podemos permitir que un área de tanta riqueza paisaxística e valor natural e social, así como a súa contorna, quede invadida polos muíños de vento. Que sexa Paisaxe Protexida implica unha serie de condicións e teñen que respectarse”, sinala a alcaldesa Mónica Rodríguez, que lembra que “non existe un plan sectorial aprobado, que é o punto urbanístico primordial sobre o que soster un proxecto así”.

Dende Vimianzo fan referencia ao propio documento do inicio do proceso de avaliación do impacto ambiental do parque que sinala que “mención aparte merecen Os Penedos de Pasarela”, contorna na que se emprazan os aeroxeneradores máis ao sur da infraestrutura eólica. (...) Trátase dun dos monumentos graníticos máis importantes de Galicia, xunto con Pena Corneira e o Monte Pindo, destacando da zona a gran variedade de formas e micro formas de tipo antropomórfico e zoomórfico”.

Por iso lembran que non só afectarían os viraventos á paisaxe, se non que todo o proceso de construcións, as pistas… farían un dano irreparable na zona.

“Vamos a loitar onde faga falta para que non se leve a cabo o parque eólico, pero despois de facer varias consultas para poder trasladar e coñecer de primeira man, trasládolle á veciñanza que estamos a realizar alegación sobre a avaliación sobre o impacto ambiental nesta zona. Neste momento non hai nada autorizado. A Xunta deunos traslado deste expediente para proceder as alegacións correspondentes, e así o faremos”.

Desagrado da Plataforma de Turismo e Hostalería de Costa da Morte

”Voltamos a estar en total desacordo co novo Plan eólico que invade Os Penedos de Traba e Pasarela, Paisaxe Protexida pola Xunta en 2009, unha das dúas paisaxes protexidas de Galicia e de grande valor natural e Turístico”, afirma nun comunicado a recén constituída Plataforma e Turismo e Hostalería de Costa da Morte, que “non entendemos que se viole unha paisaxe protexida e que poña en perigo unha paisaxe de tanto calado natural. Estamos cansos de que se nos considere un dos motores económicos de Galicia, chegando o 12 % do PIB, e que non se cuide o que tanto ben nos fai ó noso traballo , como é unha contorna natural de grande valor tanto social como económico”.

revirten nas facturas da electricidade da zona. Para nós resulta fundamental os atractivos naturaís dos que dispoñemos e que é o que se vende fora da nosa zona”.

 

Novas sobre Os Penedos

Novas sobre os eólicos

Comentarios