Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O Concello de Santa Comba asume o servizo de atención veciñal da Seguridade Social

David Barbeira alcalde de Santa Comba coa directora provincial do INSS
David Barbeira, alcalde de Santa Comba, coa directora provincial do INSS
O Concello de Santa Comba asume o servizo de atención veciñal da Seguridade Social

O Instituto Nacional da Seguridade Social comunicara ao Concello de Santa Comba a imposibilidade de continuar mantendo o punto de atención á veciñanza sito na Casa da Cultura xalleira. Será o Concello, como ratificaba onte o alcalde David Barbeira, tras unha reunión mantida coa directora provincial do INSS, María Paz Gómez, o que asuma a prestación dun servizo que se manterá nas mesmas dependencias con periodicidade semanal e por parte de traballadores municipais.

Desde a Seguridade Social xa se está desenvolvendo un “plan formativo integral” dirixido a persoal municipal para poder dar unha atención completa e cun rexistro das xestións. En breve comezará a funcionar este punto.
María Paz Gómez, valorou o interese do alcalde por buscar unha solución e ofrecer “unha liña innovadora” na atención veciñal. Pola súa parte, David Barbeira, agradeceu o respaldo da dirección provincial e agarda que “poidanos ofertar un servizo moito mellor”.

Comentarios