Martes. 16.04.2024
El tiempo

O concello de Santa Comba pide un esforzo ás empresas de telecomunicación para mellorar a conexión

A Illa aldea de SAnta Comba incomunicada 1
A Illa, é unha desas aldeas incomunicadas de Santa Comba
O concello de Santa Comba pide un esforzo ás empresas de telecomunicación para mellorar a conexión

Nestas semanas onde a barreira da fenda dixital estase a derrubar, fai falta, máis que nunca, boa conexións. Toda ese xente que ten que traballar dende casa; o estar informado ao instante nos medios e nas redes, esas videoconferencias cos familiares e amigos, o consumo cultural e de ocio a través das redes e das plataformas de contidos baixo demanda… fan máis necesaria unha conectividade axeitada.

E non en todas partes temos a sorte de conectarnos a unha boa velocidade. Son moitos os veciñ@s de Santa Comba que están alzando as súas queixas. Dase a circunstancia que Santa Comba é un Concello pioneiro en comunicación dixital gracias a un equipo de técnicos municipais impresioante, pero ten lugares absolutamente incomunicados.

De aí que o alcade David Barbeira, ante as queixas recibidas nas últimas datas, enviase unha solicitude ás compañías telefónicas unha solución, “aínda que sexa de maneira provisional”, ás deficiencias existentes na cobertura da internet, en distintas parroquias xalleiras.

O Concello urxe un esforzo ás empresas de telecomunicación para tomar medidas para que moitos traballadores e traballadoras do municipio poidan desenvolver os seus labores profesionais sen sentirse “desprotexidos ou abandonados”, e en igualdade de condicións cos doutros cidadáns do resto de España.

Novas relacionadas

Comentarios