Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Concello de Vimianzo pecha 2018 sen débeda cun superhábit de 1,5 millóns

Casa do Concello de VImianzo
O Concello de Vimianzo pecha 2018 sen débeda cun superhábit de 1,5 millóns
O Concello de Vimianzo pecha 2018 sen débeda cun superhábit de 1,5 millóns

”O Concello de Vimianzo cumpríu coa regra de gasto na liquidación do orzamento de 2018 (…) e presenta pois unha capacidade de financiamento, polo que presenta unha situación de superávit”.

Sabemos, gracias aos artigos do noso escpecialista en economía municipal Domingo Guerra, o complicado que é para os concellos ter as contas saneadas. De aí que mereza a pena destacar a conclusión que extrae a inverventora no seu informe sobre o cumprimento de estabilidae orzamentaria do 2018 no Concello de Vimianzo.

Hai catro datos que destacan entre todos. O primeiro, a cancelación da débeda comercial municipal (en 2012 tiña 1,5 millóns), que permite facer un uso dos recursos resultantes do Remanente de Tesouraría.

O segundo dato é o Remanente líquido de Tesourería, é dicir, os recursos líquidos existentes por un valor de 2.314.196,04€. Estes recursos poderanse utilizar para gasto corrente e para o financiamento de investimentos.

O terceiro dato é a estabilidade orzamentaria co resultado da existencia dun superávit de 1.559.636,84 €.

Por último, o concello de Vimianzo cumpriu coa regra de gasto, o que significa estar libre de trabas legais para unha acción do goberno destinada a satisfacer as demandas veciñais.

Comentarios