Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os Concellos asumen a responsabilidade que esquivaron Xunta e Goberno central sobre conciliación

Campamento de veran en Corcubion
Imaxe do campamento de verán de Corcubión
Os Concellos asumen a responsabilidade que esquivaron Xunta e Goberno central sobre conciliación

Facemos fincapé este verñan na conciliación, porque sabemos que despois da corentena as familias teñen unha necesidade imperante de “librarse” das súas crianzas. Van xa 4 meses c@s nen@s na casa (e o que queda por diante, polo menos ata setembro, se nada pasa…) intentando compaxinar a vida laboral coa familiar. Unha combinación difusa que provoca que as familias non fagan nin unha cousa nin a outra correctamente.

As administracións non conseguiron entender que o teletraballo non é traballar na casa atentendo aos fill@s. Teletraballar e criar, facer as dúas cousas ben ao mesmo tempo é materialmente imposible. As normas do estado de alarma obrigaban aos Concellos a ofrecer polo menos 3 meses de teletraballo, que non se cumpriron case en ningunha administración.

Así, a situación do mercado laboral obrigou a centos de mulleres a deixar os seus postos de traballo pola crúa feminización dos coidados na nosa sociedade e ante a falta de medidas concretas.

Por todo iso cremos que debería ter sido unha obrigación do goberno central preparar xa dende o mes de xuño e durante todo o verán unha campaña de conciliación con campamentos ao aire libre para aqueles cursos onde os contidos dixitais non fosen tan importantes.

Tiveron que ser os Concellos, sen apenas tempo, medios nin sequera protocolos claros, os que asumisen a responsabilidade de axudar ás familias. Algúns deron artellado un estupendo programa de deportes ao aire libre (era o momento ideal), outros safaron con pequenas propostas de actividades de ocio.

Outras novas sobre Conciliación

Comentarios