Martes. 23.04.2024
El tiempo

Os concellos comezan a fumigar os espazos públicos

Fumigando as ruas de Vimianzo contra o coronavirus
Fumigando as rúas de Vimianzo contra o coronavirus
Os concellos comezan a fumigar os espazos públicos

Varios Concellos póñense en marcha ca fumigación de espazos públicos.

En Muxía, por exemplo, o alcalde ordeou facer unha desinfección en zonas de máis risco, pola seguridade dos traballadores que teñan que expoñerse máis así como dos usuarios: centro médico, supermercados, peixerias, panaderias, carnicerias... Todas as medidas son poucas para estos casos. Traballarán durante estos días en todo o municipio.

Fumigacion por Muxia

O Concello de Vimianzo puxo en marcha esta mañá un plan específico de desinfección dos espazos de interacción pública para paliar a crise sanitaria provocada polo COVID-19.
Os traballos terán lugar nas rúas principais, centros de alimentación e centro de saúde, extendéndose progresivamente a máis lugares do municipio.
Fumigando en Camarinas contra o coronavirus
Os operarios de Camariñas fumigando paradas de autobuses, contedores...

Tamén o Concello de Camariñas comezou este martes un sistema de fumigación de espazos públicos. Os seus operarios fumigan diariamente as vías e o mobiliario público nas zonas preto dos centros de saúde, supermercados, etc… onde haxa locais aos que pode acceder a veciñanza mentres estea vixente o Estado de Alerta.

Ademais, tamén se actuará nos contedores de cada parroquia xa que o servizo de recollida de lixo segue funcionando. Esta acción levarase a cabo un día en cada parroquia.

Por outra banda, estes operarios municipais tamén estiveron fumigando os parques infantís xa que, a pesar de que agora ningún veciño ou veciña de Camariñas pode facer uso destes, se pretende esterilizar os espazos frecuentados pola cidadanía antes da declaración do estado de alarma.

Comentarios