Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os Concellos deben ofrecer durante polo menos 3 meses a opción do teletraballo

orientador laboral COGAMI en teletraballo
Un orientador de COGAMI teletraballando na casa
Os Concellos deben ofrecer durante polo menos 3 meses a opción do teletraballo

Ata o propio alcalde de Carnota recoñecía a pasada semana que o teletraballo foi moi produtivo nos Concellos, e que mesmo preparacións burocráticas que normalmente levan ata setembro, xa están máis que listas, gracias a que os funcionarios puideron traballar dende as casas sen as interrupcións do día a día na oficina.

Tamén o lembraba o sindicato carballés A Alternativa, que volve hoxe pedir que se adopten as medidas necesarias para que a partir desta semana os traballadores teñan opción a teletraballar, alomenos ata o fin do prazo establecido nos reais decretos (tres meses dende a finalización do estado de alarma).

Dende A Alternativa considera que é unha oportunidade para implantar un sistema que funciona noutros países, e que o propio Decreto do Estado de Alarma invita a que todas as familias poidan solicitar o teletraballo para conciliar: “sempre que sexa posible, fomentarase a continuidade do teletraballo para aqueles traballadores que poidan realizar a súa actividade laboral a distancia”.

Por iso pode ser unha boa ocasión para compatibilizar o traballo presencial co teletraballo.

Novas relacionadas

Comentarios