Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Confirman 5 positivos no Concello de Ponteceso

Confirman 5 positivos no Concello de Ponteceso

O Concello de Ponteceso vén de ratificar a existencia de 5 positivos por covid-19. 4 serían os integrantes dunha mesma familia, que están confinados no mesmo domicilio en Corme-Porto. Outro sería na parroquia de Cores.

O Concello asegura que "non hai brote de Covid-19 no noso Concello, son casos que derivan de brotes doutros municipios" . Por Sanidade, estase facendo o seguimento para que os casos estean illados e os contactos directos en corentena.

O Concello envía unha mensaxe de tranquilidade e vai aumentar a vixilancia e Desinfección, pero por precaución, suspénden os mercados de Corme Porto, e as actividades municipais cara o público en Corme e Cores, como os 2 campamentos do Concilia nesas parroquias.

Comentarios