Conta atrás para a reapertura da piscina en Cee
07:25 25/01/18
Piscina-Municipal-de-Cee
O Boletín oficial da Provincia fai realidade este mercores o desexo de non poucos veciños e veciñas de Cee, ou alo menos o inicio do fin a unha situación coma pouco bochornosa e que a comarca leva vivindo dende hai xa 21 meses.
O "Anuncio de Licitación da contratación mediante procedemento aberto con varios criterios de adxudicación na modalidade de xestión interesada do servizo de piscina municipal e outras actividades deportivas de Cee" que hoxe publica o boletín oficial provincial pon o primeiro escalón dun camiño longo e difícil, o da concesión a unha nova empresa dun dos servizos con mais demanda no sur da Costa da Morte e o da asuncion dos custes que conlevará poñer de novo en marcha unhas instalacións que non levan nada ben as longas paradas e o abandono.
Dende que o 4 de Abril de 2016 os traballadores/as da xa extinta Aquacenit comezaran unha folga que remataría en peche definitivo a piscina non recibió ningún tipo de mantemento ou conservación. Ainda mais, segundo diversas testemuñas que foron quen de entrar as instalaciones dende aquel momento, tanto o ximnasio coma outras zonas foron totalmente valeriadas da maquinaria por valor de decenas de miles de euros que o concesionario considerou da súa propiedade. De igual xeito, as caldeiras e demais sistemas para o mantemento, climatización e demais maniobras de uso da piscina levan tamen eses 21 meses sen ningun tipo de control ou mantemento.
No prego de condicións feito público este mercores, o Concello de Cee oferta a "xestión interesada do servizo municipal de piscina cuberta municipal de Cee e outras actividades deportivas". Con este fin, o goberno municipal inicia un "Procedemento aberto con tramitación ordinaria e varios criterios de adxudicación" para un contrato por "seis anos contados desde a data da súa formalización e establecendo "como contía total, e como valor estimado do contrato a achega máxima que debe asumir o Concello en caso de resultar negativa a conta de liquidación do adxudicatario, 80.000 euros/anuais que incluídas as prórrogas ascenda á cantidade máxima de 720.000 euros"
A empresa que finalmente acceda a este contrato deberá cumprir uns criterios que inciden en tres aspectos concretos:
- O plan de aperturas, con indicación dos mecanismos e plans determinados para a apertura do complexo deportivo, con especificación das ofertas e posibles xornadas de portas abertas.
- Xornadas de promoción físico-deportiva (gratuítas) dirixidas a toda la poboación. Valoraranse os módulos de 45 minutos ofrecidos. Estímanse 40 módulos máximos de cesión valorándose en 0,25 puntos por cada módulo semanal ofertado durante todo el curso.
-
Programa de actividades e servizos: Teranse en conta a planificación dos distintos programas deportivos con indica- ción dunha descrición xeral, obxectivos, contidos, temporalización, destinatarios do programa, metodoloxía, recursos ma- teriais, recursos humanos e avaliación de cada actividade. Os licitadores incluirán a relación de equipamento deportivo dos diferentes espazos, sala de cardiofitness e musculación.