Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Conta atrás para a Romaría da Barca de Muxía 2012

Conta atrás para a Romaría da Barca de Muxía 2012
Romaria da Barca de Muxia 2012

Afrontamos case que a última semana de agosto e xa se escoitan as voces da Barca. A Romaría máis popular de Galicia, declarada Festa de Interese Turístico Nacional, pecha cada verán festeiro na Costa da Morte. E o fai por todo o alto, cunha festa á que se achegan milleiros de veciños de toda a Costa da Morte, e tamén de toda Galicia. Iso si, uns vén en clave de troula e outros en clave de devoción.

Este ano a Romaría da Virxe da Barca de Muxía será os venres 7, sábado 8, domingo 9 e luns 10 de setembro de 2012. 4 días de troula sen parada, día e noite, noite e día, con 12 orquestras que farán as delicias musicais de todo festexeiro que se prece. A invasión de tendas de campaña dará fé do tirón da festa.

Así, romeiros e festexeiros mesturaranse e compatirán escenario para celebrar a Festa das Festas da Costa da Morte.

A Festa das festas

Non cabe a menor dúbida de que a Romería da Barca é a Festa das Festas na Costa da Morte. A festa que despide o verán é a data que non se perde nin un só mozo dende Malpica ata Muros, e estes días o puidemos comprobar de moitos xeitos, ademais do feito de que nin a chuvia é capaz de calmala troula.

Por exemplo, os lectores do Facebook de QPC o deixaban claro na enquisa realizada o ano pasado na que preguntabamos "Que festa non te podes este verán na Costa da Morte. Pois ben dos 2.500 votos, 468 foron para a Barca de Muxía. Isto é, 1 de cada 5 festexeiros da Costa da Morte non se perde estas festas!

Programa

A festa comezará o venres 7 de setembro de 2012 coa sesión vermús da Metrópolis, e a verbena coa mesma orquestra, acompañada da Triunfo e a Midas.

Para o sábado 8 de setembro toca sesión verbeneira con Ceniza, Samba e Asiria.

O domingo 9 non baixa a marcha co Combo Dominicano e a Panamá.

O luns 10, para pechar a festa, chega o gran día. Estarán os Xigantes e Cabezudos para animar aos máis pequenos, e os maiores poderán disfrutar, coma sempre, coa orquestra Panorama, que virá acompañada da Paladium.

E atentos que haberá tempo para a tradicional traca de bombas de palenque e mais para os fogos de artificio.

Novas relacionadas

Outras novas

Comentarios