Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Continúa a remodelación do Porto de Caión a pesar das protestas sociais

Continúa a remodelación do Porto de Caión a pesar das protestas sociais

A pasada semana o Presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, visitou as obras de remodelación do porto de Caión. Unhas obras de mellora do abrigo e dotación de novos espazos, por valor de 3,5 millóns de euros e que rematarán o primeiro semestre do vindeiro ano, no marco dun megaproxecto de renovación do peirao larachés.

Unha visita que chega mentres continúan as protestas sociais. Desta volta, e tras coñecer que o o Tribunal de Contas xa investiga a Rosa Quintana, a Evaristo Lareo e ao Alcalde de Laracha por irregularidades cos fondos europeos do Prestige, é a Asociación de Veciños Punta da Senreira de Caión, a que vén de solicitar ao Defensor do Pobo a súa presenza sobre as "presuntas ilegalidades da Ampliación do Porto de Caión".

>A entidade acusa a Portos de Galicia e ao Alcalde de Laracha, de "saltarse á toureira calquera dereito legal dos cidadáns, ante o movemento de fondos europeos".

Solicitan a paralización das obras

A Asociación de Vecinos, puxo en coñecemento dos responsables da Xunta de Galicia e en concreto de Portos de Galicia, solicitando entre outros a "paralización inmediata de devandita ampliación por non axustarse a Dereito e por carecer dos informes previos de Avaliación de Impacto Ambiental e con máis motivo se cabe, ao acharse en plena Rede Natura 2000, Zepa, etc".

Di a carta ao Defensor do Pobo: Froito dese PROXECTO DE AMPLIACIÖN, parece ser (e dicimos parece ser por canto non coñecemos o acto administrativo nin o expediente gardado con celo, que vincule algún tipo de beneficio aos veciños da Vila, a salvo dos promotores, e a ollos vista, que só beneficia aos mesmos en mover diñeiro público e europeo, han presentados os trámites administrativos aos que a Xunta de Galicia, Portos de Galicia, fai caso omiso incumprindo a Lei do procedemento administrativo, de forma "basta" e atentando contra estes principios básicos de todos os cidadáns/as.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa de Portos.
  • Nota de prensa de XornalGalicia.

Comentarios