Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Continúa desaparecido o tripulante da embarcación afundida fronte a Malpica

Continúa desaparecido o tripulante da embarcación afundida fronte a Malpica
Imaxe de arquivo do helicóptero de Salvamento Marítimo Imaxe de arquivo do helicóptero de Salvamento Marítimo O helicóptero Helimer de Salvamento Marítimo traballou hoxe na procura do único tripulante –de nacionalidade francesa- da embarcación atopada onte semi-sumerxida fronte á costa de Malpica. A quilla da embarcación, un trimarán que leva por nome Presto, foi avistada onte pola mañá a media milla da praia de Area Maior, á altura de punta Atalaia. Posteriormente, foi remolcada ata o porto da Coruña, onde os mergulladores comprobaron que non había ninguén no seu interior. A embarcación atopábase desaparecida dende que zarpara do porto de Corme, en Ponteceso, a comezos deste mes. Fonte

Comentarios