Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Contos do mar: Recuperando a memoria mariñeira

Contos do mar: Recuperando a memoria mariñeira

Continúa medrando a fermosa iniciativa Contos do Mar. Un singular proxecto Confraría do Pindo, cos fondos do GALP-FEMP e coa colaboración dos Concello de Carnota, Fisterra e Dumbría de recuperación do patrimonio inmaterial arredor do noso mar. Os contos, as historias e mesmo as lendas convertiranse nas protagonistas dunhas singulares audioguiías ficcionadas, como de diferentes reportaxes sobre as “Historias de vida” no mar da Costa da Morte.

Merche Diaz mayan presentando o proxecto Contos do mar na Confraria do Pindo
Merche Díaz Mayán presentando o proxecto Contos do mar na Confraría do Pindo

Xa percorreron as rúas do casco vello de Fisterra, ou o litoral do Ézaro, e onte tiña lugar a primeira toma de contacto cos veciñ@s do Pindo. A Confraría pindexa acollía esta primeira toma de contacto para ir preparando as audioguías. De feito, xa fixeron o roteiro (que parte do xa creado do “Pindo Mariño” pero máis extenso) para ir preparando as historias que van contar nas audiguías que ficcionarán os actores da compañía de teatro Chévere.
Un exemplo do que poderán ofrecer estas especiais audioguías daríase na pedra onde sempre se subía aquel rapaz nos tempos dos Fuxidos para berrar aquelo de “Homes ó monte”. Os visitantes, cando pasen a carón da pedra escoitando a audioguía, escoitarán o berro acompañado da súa historia.

”Foi unha xornada moi especial e algo cansada, porque acabamos ás 21:00h e porque xa era moi de noite. Porque se para xuntar ás señoras maiores é difícil e sempre che veñen co “eu que vou contar”, pero despois póñense a falar e non paran”, explica cun sorriso Merche Díaz Mayán, Secretaria da Confraría do Pindo. Foro unha ducia de maiores os que participaron neste primeiro encontro carnotán, pero as historias de dúas delas brillaron con luz propia: Manuel Riveiro, un dos fundadores do pósito, e Maruja.

Despois da creación da audioguía tamén haberá tempo, antes de marzo, para facer as gravacións de “Historias de vida”, reportaxes máis indivualizados das vida destas xentes do noso mar.


Algunhas protagonistas que xa recolle o web contosdomar.com

Comentarios