Martes. 23.04.2024
El tiempo

Contra o pasamento do Museo Seo de Corcubión

Contra o pasamento do Museo Seo de Corcubión
Imaxe do Museo Seno de Corcubion-Foto-Turgalicia

Aproveitamos unha queixa pública nas redes sociais dun dos meirandes expertos en arqueoloxía subacuática, como é MIguel San Claudio, para alzar a voz contra unha morte lenta. Falamos do Museo Seo de Corcubión, un proxecto inaugurado no 2000, e que fomenta o tesouro cultural do mar.

A Fundación Castro-Rial instalouno no edificio dunha antiga fábrica de salgadura do século XIX na zona de Quenxe, a súa arquitectura, con espazos abertos e pechados, é en si mesma, un tesouro. Pero é que ademais acolle máis de 1.000 pezas relacionadas coa vida marítima e mariñeira da Costa da Morte. Mastros, candeeiros, grillóns, hélices, áncoras, embarcacións, sistemas de pesca, bitácoras, periscopios ou a exposición de maquetas de barcos realidos por un artesán da zona que tamén é espectacular.

Maquetas do museo Seo de Corcubion

O caso é que leva moitos anos (dende que no 2009 houbo un intento por darlle vida) esmorecendo, tanto o edificio, como as pezas que acolle, sen que administracións, nin os responsables do mesmo fagan nada. A case finada Asociación Neria recibía a adxudicación no 2010, e a realidade é que o Museo, lonxe de levantar cabeza, está máis sepultado que nunca.

No dejaré de lamentar (al menos hasta que se ponga remedio) la calamitosa situación del Museo del Mar del Seno de Corcubión. Para mí el mejor museo marítimo de Galicia (respetando a todos los demás, claro) en su sector... Es tan lamentable…”, dicía onte Miguel San Claudio, que lamentaba as “mil iniciativas peregrinas y vacías de contenido…“ creadas ao arredor.

Un lamento compartido con outra voz relevante no mundo do mar da Costa da Morte, o mariño mercante David Trillo Gallego, que lamentaba como se están a perder “escritos, documentación, diarios, cadernos de bitácora dos antigos barcos da Sicar e dos primeiros barcos de marea”, que tiñan que estar sendo escaneados e arquivados dixitalmente para non se perder… “Todo un patrimonio cultural” finado.

A do Museo Arqueolóxico da Costa da Morte é unha histórica petición, rexeitada en varias ocasións polas administracións, lembremos, unha das zonas máis ricas do mundo en materia de pecios e naufraxios. E por que non recuperar este?
Dende aquí mantemos a esperanza, que a boa experiencia que tiveron investigadores europeos durante a súa visita costeira no proxecto Forseadiscovery, sirva para continuar ca idea de convertir á Costa da Morte nun verdadeiro referente mundial en arqueoloxía submariña. Materia prima temos abonda.

En teoría o Museo debería estar aberto de martes a sábado de 10:00h a 13:00h e de 18:00 a 20:00h, pero chamamos ata a 5 números que aparece na rede, e ningún se atopa dispoñible, nin o da propia Asociación Neria, e mesmo algún que sae en primeira plana do Google é dunha casa particular do arredor…

O Museo Seo de Corcubion esmorece

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios